James Earl Feldeine Padilla, nado o 26 de xuño de 1988 en Nova York, Estados Unidos, é un xogador profesional de baloncesto con pasaporte dominicano. Formado na Universidade de Quinnipiac, actualmente xoga para o Fortitudo Bologna da Lega Basket Serie A. Cunha altura de 1,93 metros ocupa a posición de escolta.

James Feldeine
Fortitudo Bologna  – No. 14
Información persoal
Nacemento 26 de febreiro de 1987 (35 anos)
Nova York, Estados Unidos
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
República Dominicana
Altura 1,92 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Posición Escolta
Información da carreira
Instituto Cardinal Hayes (Bronx, NY)
Universidade Quinnipiac (2006–2010)
Internacional República Dominicana
Carreira dende 2010
Historial de equipos
Breogán (2010−2012)
Baloncesto Fuenlabrada (2012−2014)
Pallacanestro Cantù (2014−2015)
Vaqueros de Bayamón (2015)
Panathinaikos (2015−2017)
Crvena zvezda (2017−2018)
Hapoel Jerusalem (2018−2020)
Real Betis (2020−2021)
Kuwait SC (2020−2021)
Fortitudo Bologna (2021−presente)

Traxectoria editar

Nado na cidade de Nova York, Feldeine comezou a xogar no instituto cos Cardinal Hayes, pasando posteriormente a participar na Liga Universitaria de baloncesto dos Estados Unidos cos Quinnipiac Bobcats. No seu derradeiro ano coma xogador da liga universitaria, fixo unhas medias de 16,5 puntos, 5,8 rebotes e 2,5 asistencias por partido, cunha porcentaxe en tiros de tres do 35% de acerto. Aínda que nado en Nova York, é fillo dunha muller dominicana, polo que ten a nacionalidade dese país.[1] En dous anos no Club Baloncesto Breogán cpnverteuse no cuarto máximo anotador da súa historia (só contando desde a fundación da Liga ACB). Posteriormente asinara un contrato por tres anos co Baloncesto Fuenlabrada, dos cales cumpre dous, xa que en 2014 asina polo Pallacanestro Cantù. Tras xogar nos Vaqueros de Bayamón, volta a Europa para xogar no Panathinaikos, no Crvena zvezda e no Hapoel Jerusalem.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar