James Brown

cantante de funk e soul estadounidense

James Joseph Brown, Jr.,[1] nado en Barnwell, Carolina do Sur o 3 de maio de 1933 e finado en Atlanta, Xeorxia, o 25 de decembro de 2006, foi un cantante de funk e soul estadounidense. Foi un dos pais fundadores do funk e unha figura principal da música popular do século XX, coñecido tamén como "The Godfather of soul" (O padriño do soul). Ó longo da súa carreira, que durou seis décadas, Brown influenciou o desenvolvemento de varios estilos musicais.[2]

James Brown
James Brown en Belgrado, Serbia, en 1993.
Nome completoJames Joseph Brown, Jr.
Data nacemento3 de maio de 1933
Nado enBarnwell, Carolina do Sur, Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento25 de decembro de 2006 (73 anos)
Atlanta, Xeorxia Estados Unidos de América Estados Unidos
 Atlanta
Causapneumonía e Insuficiencia cardíaca
SoterradoBeech Island
CónxuxeTomi Rae Hynie, Velma Warren, Deidre Jenkins e Adrienne Rodriguez
OcupaciónCantante, bailarín, compositor e produtor
XéneroRock, R&B, soul e funk
Instrumento(s)Voz, teclado, percusión e órgano
Selo(s) discográfico(s)Federal, King, Dade, Try Me, Smash, People, Polydor, Scotti Bros.
Relacionado conThe Famous Flames, The J.B.'s, The Dapps, Bobby Byrd, The Soul Generals, Lyn Collins, Bobby Bennett, Bootsy Collins
Tempo en activo1954 – 2006
Na rede
www.jamesbrown.com/
IMDB: nm0113768 Allocine: 1082 Rottentomatoes: celebrity/james_brown_2 TV.com: people/james-brown IBDB: 73069
Facebook: JamesBrown Youtube: UCOCZxe0gNRA7c3PGWPGoiGg Bandcamp: jamesbrownlive Spotify: 7GaxyUddsPok8BuhxN6OUW iTunes: 117118 Last fm: James+Brown Musicbrainz: 20ff3303-4fe2-4a47-a1b6-291e26aa3438 Songkick: 336531 Discogs: 12596 Allmusic: mn0000128099 WikiTree: Brown-102887 Find a Grave: 17147643 Deezer: 1622 Genius: James-brown Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Brown comezou a súa carreira como artista cantando gospel en Toccoa, Xeorxia. Uniuse a un grupo de R&B chamado The Avons, que máis tarde evolucionaría en The Famous Flames, e Brown fixo de cantante líder do grupo.[3][4] A súa primeira chamada de atención do público nacional produciuse a finais da década de 1950, coas baladas "Please, Please, Please" e "Try Me". Forxouse unha reputación como un incansable artista en directo co grupo The Famous Flames ou coa súa propia banda, ás veces coñecidos como James Brown Band ou James Brown Orchestra. O éxito de Brown chegou ó seu cumio na década de 1960s co álbum en directo Live at the Apollo e sinxelos como "Papa's Got a Brand New Bag", "I Got You" e "It's a Man's Man's Man's World".

Traxectoria editar

Naceu nunha choza en Barnwell, Carolina do Sur, nunha familia pobre dun barrio marxinal. Isto obrigoulle a desempeñar desde a adolescencia todo tipo de traballos. Abandonado pola súa nai, Brown creceu co seu pai, un traballador itinerante, ata que terminou en Augusta, Xeorxia, onde unha tía rexentaba unha fonda que tamén funcionaba como timba e prostíbulo. Sen apenas educación, o neno Brown procurou gañarse a vida limpando zapatos, recollendo algodón e roubando pezas de coches. Antes de cumprir os vinte anos xa fora detido por roubo a man armada e foi condenado por eles a cumprir entre 8 e 16 anos de cárcere (segundo el, aínda era un menor pero o encerraron e xulgaron cando chegou á idade penal). Foi un bo preso e, tras tres anos e un día, soltáronno e estivo máis de tres anos nun reformatorio.

En 1953 ingresou no grupo de gospel The Starlighters. Con el no grupo foron transformándose desde o gospel ao R&B. Tempo despois o nome do grupo pasou a ser The Famous Flames. En 1955 publicaron o single "Please, Please, Please". En 1958 lánzase o primeiro número un de James Brown, "Try me" e "It's a man's, man's, man's world". O 24 de outubro de 1962 ofreceron un concerto o teatro Apollo de Nova York, o resultado sería un gran disco que levaría como nome "''Live at The Apollo''".

A partir dese momento, os éxitos comezaron a acumularse na súa carreira, con títulos como "I´ll Go Crazy", "Thing" e "Prisioner of Love". Xa consolidado como unha das máis brillantes estrelas do Soul, non foi senón ata 1965 cando con "Papa´s Gonna Brand A New Bag" fai algo realmente orixinal. A resaltación do ritmo sobre a melodía, compases en síncopa ou entrecortadas guitarras rasgueando fanse notar nesta composición e tamén en "Cold Sweat" de 1967. Deste modo dá a coñecer un novo concepto, coñecido como funk. O funk foi unha verdadeira bocanada de aire fresco á doce música para xente de cor de entón, e ademais dun rescate da herdanza do Jazz e os Ritmos Afrocubanos. De feito, como di Pee Wee Ellis, músico de James Brown, no documental "Soul Deep", "Cold Sweat foi baseado nunha liña dun tema de Cool Jazz chamado Xo What? de Miles Davis". Pero de maior relevancia, foi o enerxizante tras o Movemento Polos Dereitos Civís; como moi ben o representou o seu éxito de 1968 "Say It Loud I´m Black & Proud", todo un desafogo de puro orgullo negro que, no entanto, lle valeu a súa censura en moitas estacións radiais racistas.

Tras separarse do grupo co que se deu a coñecer,The Flamous Flames, por razóns monetarias e de convivencia; James Brown comezou a actuar cunha banda máis nova orixinalmente chamada The Pacemakers e que para el de aí en diante os rebautizaría como The JB´S, con quen profundou máis nas exploracións rítmicas e sonoras, pondo especial acento no primeiro de 4 compases (fórmula funkie por excelencia denominada "The One") coa axuda dos músicos Phelps e William Bootsy Collins, o trombonista Fred Wesley, o saxofonista Maceo Parker e o seu irmán na batería Mel Parker. Bootsy, Fred e Maceo uníronse posteriormente á confraría espacial de George Clinton coñecida como P-Funk. Con esta nova aliñación seguiu conseguindo novos éxitos: "Sex Machine", número 1 de R&B en 1970, "The Payback", álbum de multiplatino en 1974, "My Thang", "Gravity", "Papa don't take non mess" ou "Body Heat" entre outros.

Nos seus escarceos co cine, participou en 1980 no filme Os Blues Brothers, xunto a John Belushi e Dan Aykroyd, traballando despois en 1998 na secuela do filme Blues Brothers 2000. En ámbalas dúas representa a un reverendo. En 1986 grava "Living in America", o tema composto para a película "Rocky IV".

En 1988 foi arrestado por maltratar á súa muller e por consumo de drogas, período aproveitado por produtores de hip hop para samplear anacos da súa música. Foi condenado a seis anos de prisión, aínda que saíu do cárcere en 1991. En 1996 faleceu a súa esposa durante unha operación de cirurxía estética e en 1998 foi arrestado de novo por posesión de armas e consumo de drogas, aos poucos días de saír dunha clínica de desintoxicación.

En 1997 e 2005 visitou Chile (Santiago de Chile os dous anos) e Viña do Mar en 2005) para realizar os seus clásicos concertos. No ano 1999 suspendeuse en Chile un recital programado por problemas de descoordinación entre compañías.

En novembro de 2006 Brown presentouse durante unha cerimonia en Alexandra Palace, en Londres, onde foi recoñecido coa súa entrada ao Salón da Fama do Reino Unido, 20 anos logo de recibir unha homenaxe similar en Estados Unidos.

O domingo 24 de decembro de 2006 Brown, o autoproclamado "home máis traballador do mundo do espectáculo", é internado no Emory Crawford Long Hospital por mor dunha pneumonía que o afectaba. A pesar dos intentos dos médicos, o corazón do "padriño do soul" deixou de latexar na madrugada de Nadal de 2006 á 1:45 AM, á idade de 73 anos. O seu amigo e compañeiro Charles Bobbit atopábase con el no momento do seu falecemento.

James Brown conseguiu levar os seus modos de igrexa inspirados no gospel ao rhythm and blues, que nos anos sesenta, xa con conciencia racial, transformouse no que se denominaría posteriormente como soul e alagou o planeta. Desenvolveu o ritmo concentrado en estado puro que se bautizou como funk e que mantería o seu gancho ata o presente. Nos setenta, o funk tivo como fillo bastardo á comercial disco music, o afrobeat de xente como Fela Kuti, e serviu de base para a fundación do hip hop: miles de temas de rap parten de gravacións de Brown como "Funky drummer", "Give it up or turn it loose" ou "Think" da súa protexida Lyn Collins. Ata moitos pasos de breakdance proveñen directa ou indirectamente dos frenéticos movementos de baile ("The Boogaloo", "get down", "slide", "robot")aos que instaba seguir en temas como "Get On The Good Foot" de 1972.

Por chamalo dalgún xeito, o funk é unha creación colectiva: todos os instrumentos concéntranse en xerar un certo ritmo, a expensas da melodía. James Brown tivo a xenialidade de implicar a instrumentistas imaxinativos, moitos dos cales seguiron produtivas carreiras en solitario: Alfred Pee Wee Ellis, Maceo Parker, Fred Wesley, William Bootsy Collins. Pero sen a visión dun xenio como James Brown, é posible que non pasasen de nomes para coleccionistas.

O rei do soul buscaba o momento adecuado para gravar: moitos dos seus máis grandes clásicos fixéronse na estrada, entre actuación e actuación. Non podía ser doutro xeito. Brown gañouse a pulso o título de "o traballador máis duro do mundo do espectáculo" debido á intensidade das súas actuacións e o número de concertos: máis de 300 nos seus bos anos. Gustáballe alardear da afiada precisión das súas bandas, sometidas a disciplina ferrea, raiando o militar: multas por atrasos, descoidos indumentarios, fallos musicais; e se o culpable resistíase, podía chegar a porse violento.

James Brown foi declarado culpable de malos tratos á súa esposa no ano 2004, cando tras unha discusión arroxouna ao chan e ameazou con matala. Tras pagar unha sanción de 1.087 dólares foi posto en liberdade. Brown, falecido o pasado día 25 en Atlanta, mantiña actualmente, segundo a súa esposa, unha relación conxugal feliz con ela.

Cando Brown morreu moita xente botouse á rúa para guiar a súa ataud ata o teatro Apolo.

Cando morreu, Tomi atopábase seguindo un tratamento de rehabilitación: "O último que me dixo era que me amaba ao meu e ao bebé, verémonos pronto", foron as últimas palabras de James, segundo manifestou a súa viúva ao Chronicle de Augusta.

A negativa do avogado e o contable a permitir entrar na súa casa a Tomi foi interpretada por ela como unha agresión ?Este é o meu fogar. Non teño ningún diñeiro. Non teño onde ir.?

Sen dúbida estamos ante toda unha lenda, Brown conseguiu alcanzar unha posición hegemónica durante a segunta metade do século XX, o cal quedou marcado pola urxencia ou necesidade da música afroamericana. Michael Jackson puido ser máis popular pero non gozou da súa influencia sonora. Miles Davis tivo máis respecto pero nunca logrou o seu impacto comercial.A súa influencia na música foi tal que músicos como Mick Jagger,The Who, David Bowie e Michael Jackson recoñecéronlle como un grande inspirador nas súas carreiras. Unha vez dixo: "O que me convén é desaparecer, chamando a atención o menos posible.

Notas editar

  1. James Brown. (1998). Notable Black American Men. Farmington Hills, MI: Thomson Gale (Document no. K1622000047). Consultado o 12 de xaneiro de 2007, Biography Resource Center database.
  2. Wiegand, D. (December 26, 2006). James Brown: 1928–2006 – Godfather of soul changed music at frenetic pace Arquivado 17 de maio de 2012 en Wayback Machine.. San Francisco Chronicle. Consultado o 10 de xaneiro de 2007.
  3. "The Famous Flames Biography | The Rock and Roll Hall of Fame and Museum". Rockhall.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2012. Consultado o 16 de febreiro de 2013. 
  4. "James Brown Biography | The Rock and Roll Hall of Fame and Museum". Rockhall.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2013. Consultado o 16 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar