James A. Beckford

sociólogo británico

James Arthur Beckford, nado o 1 de decembro de 1942 e finado o 10 de maio de 2022,[1] foi un sociólogo da relixión[2] británico.

Infotaula de personaJames A. Beckford
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1942 Editar o valor em Wikidata
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte10 de maio de 2022 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónTottenham Grammar School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoSociologia da religião (pt) Traducir e socioloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsociólogo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Warwick (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Foi profesor emérito de socioloxía da Universidade de Warwick e membro da British Academy.[3] No período 1988/1989 foi presidente da Association for the Sociology of Religion,[4] e entre 1999 e 2003, foi presidente da International Society for the Sociology of Religion[3][5]. Tamén foi autor de libros e artigos sobre os novos movementos relixiosos e a resposta da sociedade cara a eles.

Traxectoria editar

Beckford ensinou nas universidades de Reading e Durham e na Universidade Loyola de Chicago.[2] Fundou o grupo de estudo da British Sociological Association dedicado á socioloxía da relixión en 1975 e foi o seu presidente de 1978 a 1983.[2] No curso 1982 e 1983 por medio do programa Fulbright ensinou na Universidade de California en Berkeley.[6] Entre 1982 e 1986 foi presidente do comité de investigación dedicado á socioloxía da relixión da International Sociological Association e no período 1988/1989 foi presidente da Association for the Sociology of Religion.[2][4] En 1989 entrou na Universidade de Warwick.[6] e entre 1999 e2003 foi presidente da International Society for the Sociology of Religion.[3] como profesor visitante deu clases na Ecole des Hautes Etudes en Sciences Sociales en 2001, e na Ecole Pratique des Hautes Etudes en 2004.[6]

Beckford foi editor de Current Sociology (1980-1987), vicepresidente de publicacións da International Sociological Association (1994-1998) e membro do consello editorial do British Journal of Sociology desde 1998.[2][4] É co-vicepresidente de INFORM (Information Network Focus on Religious Movements), fundado pola socióloga Eileen Barker co apoio das principais igrexas británicas para informar ao público sobre os novos movementos relixiosos .[4][7][8]

Investigación e publicacións editar

A tese de doutoramento de Beckford,The Trumpet of Prophecy (1975), foi o primeiro estudo sociolóxico de importancia sobre as Testemuñas de Xehová, e aínda é unha importante obra de referencia sobre o grupo.[2] Desde entón o foco principal do seu traballo académico foi sobre seitas e novos movementos relixiosos e as respostas que eles provocan na sociedade.[2][6] Na base dos seus estudos empíricos sobre o movemento antiseitas en Gran Bretaña, Francia e Alemaña, Beckford constatou que as respostas aos novos movementos relixiosos revelaban tanto da sociedade como os estudos sobre eses movementos.[2] En Cult Controversies: Societal Responses to New Religious Movements, salientou os diferentes xeitos en que os membros e ex-membros deses movementos se relacionaban con outros e coa sociedade, propoñendo que esas diferenzas poderían servir de base para un novo modelo para clasificar os movementos das novas relixións.[2]

Beckford en Religion and Advanced Industrial Society (1989) chamou aos sociólogos da relixión a poñer fin ao seu illamento das outras disciplinas sociolóxicas e que os estudos relixiosos deberían volver á súa antiga posición de prominencia.[2]

En relación ao islam, Beckford argumentou que rexeitar as necesidades dos musulmáns en prisión, como a falta de comida halal en moitas prisións francesas ou servizos relixiosos conduce a un amplo resentimento e ao aumento a radicalización entre a comunidade musulmá.[9]

Publicacións editar

  • Religious Organization (1974)
  • The Trumpet of Prophecy. A Sociological Analysis of Jehovah's Witnesses (1975)
  • Cult Controversies. The Societal Response to New Religious Movements (1985)
  • New Religious Movements and Rapid Social Change (1986, editor), editado por SAGE Publications e UNESCO, ISBN 0-8039-8591-6
  • Religion and Advanced Industrial Society (1989)
  • The Changing Face of Religion (1989, co-editor)
  • Religion in Prison. Equal Rites in a Multi-Faith Society (1998, con Sophie Gilliat)
  • Secularization, Rationalism and Sectarianism (1999, editor)
  • Social Theory and Religion (2003)
  • Challenging Religion (2003, editor)
  • Muslims in Prison: Challenge and Change in Britain and France (2005)
  • Theorising Religion: Classical and Contemporary Debates (2006, editor)

Artigos editar

Notas editar

  1. In Memoriam: Professor Jim Beckford
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Swatos, William H.; Kivisto, Peter. Encyclopedia of Religion and Society, Rowman Altamira 1998, p. 44, ISBN 978-0-7619-8956-1. Retrieved 2010-06-20.
  3. 3,0 3,1 3,2 Beckford, James A.; Demerath, Nicholas Jay. The SAGE Handbook of the Sociology of Religion, SAGE 2007, p. x, ISBN 978-1-4129-1195-5
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Beckford's page Arquivado 03 de agosto de 2009 en Wayback Machine. at the University of Warwick's Department of Sociology website
  5. Swain, Harriet (1999-10-29). Glittering Prizes, Times Higher Education. Consultado o 2010-06-18.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Beckford's page Arquivado 25 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. at the Warwick Religions and Education Research Unit website
  7. Beckford, James A. (2008-06-20). "Cults need vigilance, not alarmism", Church Times. Retrieved 2010-06-20.
  8. INFORM website, section "Who We Are". Retrieved 2010-06-20.
  9. Smith, Craig S. (2004-12-08). "Islam in Jail: Europe's Neglect Breeds Angry Radicals", The New York Times. Consultado o 2010-06-18.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar