Jakub Schikaneder

pintor checo

Jakub (ou Jakob) Schikaneder, nado o 27 de febreiro de 1855 en Praga e finado o 15 de novembro de 1924 na mesma cidade, foi un pintor bohemio (imperio austro-húngaro).

Infotaula de personaJakub Schikaneder

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1855 Editar o valor em Wikidata
Praga Editar o valor em Wikidata
Morte15 de novembro de 1924 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Vinohrady (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Vinohrady (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Austríaco
Cisleitania
Checoslovaquia Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia de Belas Artes de Praga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , ilustrador , mestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua checa Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 7775ab9e-4a36-4358-8eec-67d40a06c5bc Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Schikaneder procedía da familia dun empregado de aduana alemán. A pesar da pobre formación familiar, puido continuar os seus estudos, grazas en parte ao amor da súa familia pola arte; un antepasado foi Urban Schikaneder, o irmán máis vello do libretista de A frauta máxica Emanuel Schikaneder. Despois de completar os seus estudos en Praga e Múnic (1871–1879), Schikaneder, xunto a Emanuel Krescenc Liška, participou no amoblamento do palco real do Teatro Nacional de Praga; porén, esta obra perdeuse nun incendio en 1881. Despois do seu traballo no Teatro Nacional, Schikaneder viaxou por Europa, visitando Alemaña, Inglaterra, Escocia, Holanda, Suíza, Italia e Francia. Desde 1891 até 1923 ensinou na Facultade de Arte de Praga. Schikaneder contouse entre os que admiraban a Escola de Múnic de finais do século XIX.

Morreu en 1924 e foi enterrado no cemiterio de Vinohrady en Praga. [1]

Traballo editar

Schikaneder é coñecido polas súas pinturas suaves do aire libre, con personaxes que adoitan ser xente pobre e marxinada. Outros motivos favorecidos por Schikaneder foron o outono e o inverno, os recunchos e as rúas da cidade de Praga e as ribeiras do Moldava, moitas veces á luz do anoitecer ou cubertos de néboa. A súa primeira obra coñecida foi o cadro monumental O arrepentimento dos lolardos (2,5 m × 4 m, perdido). A National Gallery de Praga realizou unha exposición das súas pinturas en 1998 e 1999.

Escolma de obras editar

Notas editar

  1. Vinohrady Cemeteries, MyCzechRepublic.com, consultado o 20 de novembro de 2013

Véxase tamén editar

  • Tomáš Vlček [cs]: Schikaneder: Jakub Schikaneder, Prague painter of the turn of the century ("Guía temática da exposición na National Gallery en Praga, Collection of Old Masters, Wallenstein Riding School en Praga, 15 de maio de 1998 a 10 de xaneiro de 1999"). Praga: Galería Nacional, 1998.

Ligazóns externas editar