Jair da Costa

futbolista brasileiro

Jair da Costa, nado en Santo André, São Paulo, o 9 de xullo de 1940, é un exfutbolista brasileiro, que xogaba como dianteiro. Desenvolveu a maior parte da súa carreira no Inter de Milán, formando parte do chamado Grande Inter, que conquistou numerosos títulos na década de 1960, baixo a batuta do adestrador Helenio Herrera. Foi campión do mundo coa selección brasileira en Chile 1962, aínda que non chegou a debutar no torneo.

Infotaula de personaJair da Costa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xullo de 1940 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Santo André, Brasil Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Altura174 cm Editar o valor em Wikidata
Peso67 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor em Wikidata - 1974 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1960-1962 Associação Portuguesa de Desportos
1962-1967 Football Club Internazionale Milano 119(39)
1967-1968 Associazione Sportiva Roma 23(2)
1968-1972 Football Club Internazionale Milano 80(14)
1972-1974 Santos Futebol Clube 19(3) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1962-1962   Selección de fútbol de Brasil 1(0) Editar o valor em Wikidata
Participou en
1962Mundial de Fútbol Chile 1962 Editar o valor em Wikidata

FIFA: 246272 UEFA: 75529 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Orixinario de Santo André, trasladouse a Osasco aos oito anos. Debutou como futbolista nas filas do Portuguesa de São Paulo. As súas actuacións con este equipo atraeron o interese dos clubs europeos e no verán de 1962 o Milan e Inter competiron pola súa fichaxe,[1] ata que os rossoneri se decantaron polo seu compatriota Germano.[2] A fichaxe de Jair polo Inter viuse, con todo, atrasada pola presenza no equipo do galego Luis Suárez e do inglés Hitchens, que ocupaban as dúas únicas prazas de estranxeiros que permitía o regulamento da época.[3] Finalmente, o traspaso do británico no outono permitiu a contratación oficial do brasileiro.[1]

Debutou na Serie A nun partido contra o Genoa,[1] marcando o seu primeiro gol aos 2 minutos de xogo. Foi a elección preferida por Helenio Herrera para a banda dereita durante o resto da tempada, por diante de Bicicli,[4] e tivo un papel destacado nos contragolpes do equipo.[5] Con 10 goles, contribuíu á remontada na clasificación do Inter,[6][7][8][9] que gañou o scudetto ao final do torneo.[1]

Co equipo milanés da época, que pasou á historia co nome de Grande Inter,[4] Jair gañou outros dous títulos de liga, dúas Copas de Europa e dúas Copas Intercontinentais.[1][4] Foi o autor do primeiro gol do Inter na Copa de Europa, en 1963 fronte ao Everton,[10] e nesa mesma edición marcou dous goles máis nos cuartos de final e outro nas semifinais.

O 27 de maio de 1965 marcou o gol decisivo para a conquista da segunda Copa de Europa na final disputada en San Siro contra o Benfica de Mário Coluna e Eusébio.[1] Na tempada 1967/68 xogou cedido á Roma, antes de regresar ao Inter, co que gañou o seu cuarto título de liga na 1970/71.[1]

Preto do final da súa carreira, regresou ao Brasil para xogar no Santos, onde foi compañeiro de Pelé, e co que gañou o Campionato Paulista en 1973. Pechou a súa carreira no Canadá, nas filas do Windsor Star.[11]

Selección brasileira editar

Con Garrincha como titular no seu posto na selección brasileira, só puido ser internacional nun encontro amigable ante Gales, que o Brasil gañou 3-1.[12] Foi parte do combinado brasileiro no Mundial de 1962, pero non chegou a debutar na competición.[12]

Palmarés editar

Inter de Milán
Santos
Brasil

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Brega, Matteo (8 de setembro de 2015). "Tutto iniziò con Gino, poi le ali presero il volo con Corso, Jair e Figo". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  2. "Morto Germano, il giocatore che conquisto' l' ereditiera". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 5 de outubro de 1997. Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  3. De Calò, Alessandro (20 de febreiro de 1998). "Maghi, papere, astronauti e Juve-Inter". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Curino, Luca; Bovolenta, Germano; Lo Giudice, Giorgio; Peterson, Dan (11 de novembro de 1997). "Ricordi di grande Inter". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  5. Claudio, Gregori (14 de novembro de 1997). ""Taca la bala" cosi' carico' l'Inter mondiale 3a puntata". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  6. Cattini, Leo (19 de novembro de 1962). "L'Inter segna al primo minuto e batte la Sampdoria per 4 a 0". La Stampa (en italiano). p. 9. Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  7. Pozzo, Vittorio (17 de decembro de 1962). "Il brasiliano Jair si scatena: crolla la squadra bolognese". La Stampa (en italiano). p. 7. Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  8. Cattini, Leo (11 de febreiro de 1963). "La difesa del Palermo non resiste ai vivaci attacchi dell'Inter: 0-4". La Stampa (en italiano). p. 7. Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  9. Accatino, Giulio (22 de abril de 1963). "A S.Siro aspra lotta tra Inter e Bologna: 4-1". La Stampa (en italiano). p. 6. Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  10. "In coppa Campioni nerazzurri imbattuti a Milano". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 30 de setembro de 1998. Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  11. Zagnoli, Vanni (15 de xullo de 2020). "Il pallone racconta: Jair da Costa" (en italiano). Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  12. 12,0 12,1 Monti, Fabio. "Jair da Costa". treccani.it (en italiano). Consultado o 25 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar