Jaime de Olano
político español
Jaime Eduardo de Olano Vela, nado na Coruña en 1970, é un avogado e político galego do Partido Popular de Galicia.
Traxectoria editar
Licenciado en Dereito, dende 2006 exerce como avogado nun despacho profesional en Viveiro. Nas eleccións locais de 2011 concorreu nas listas do Partido Popular de Viveiro e saíu elixido concelleiro. Uns meses máis tarde figurou tamén como número dous da candidatura do PP ao Congreso dos Deputados nas Eleccións Xerais pola provincia de Lugo, e saíu electo. Repetiu o mesmo posto e a mesma candidatura nas Xerais de 2015.