Jacobo Timerman

xornalista arxentino

Jacobo Timerman, nado o 6 de xaneiro de 1923 en Bar actual Ucraína e finado o 11 de novembro de 1999 en Buenos Aires, foi un xornalista arxentino que fundou as revistas Primera Plana e Confirmado e o diario La Opinión de Buenos Aires. Durante a ditadura militar denominada Proceso de Reorganización Nacional foi detido-desaparecido e torturado; a protesta xeneralizada da comunidade internacional constituíu un factor decisivo para a súa liberación e posterior exilio nos Estados Unidos.

Infotaula de personaJacobo Timerman

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1923 Editar o valor em Wikidata
Bar (Unión Soviética) Editar o valor em Wikidata
Morte11 de novembro de 1999 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Causa da morteParada cardiorrespiratoria Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCementerio Jardín de Paz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosHéctor Timerman (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0863593 Discogs: 4544504 Find a Grave: 7236563 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Jacobo Timerman naceu no seo dunha familia xudaísmo ucraína que fuxindo das persecucións emigrou á Arxentina en 1928, cando contaba con cinco anos, instalándose en Buenos Aires, no barrio do Once, onde residía maioritariamente a comunidade xudía.

Iniciouse no xornalismo desde moi novo, na revista Correo Electrónico, e logo desempeñouse nos diarios Noticias Gráficas, La Razón, El Mundo e La Nación.

En 1959 obtivo o importante Premio Martín Fierro, polo seu programa televisivo de noticias "Qué paso en siete días"?. Foi o primeiro Martín Fierro outorgado a un xornalista.

En 1962 fundou a revista Primera Plana cun formato innovador inspirado nos "magazines" norteamericanos e en 1965 a revista Confirmado. En 1965 vende Primera Plana e afástase da dirección que queda a cargo de Ramiro de Casasbellas e Tomás Eloy Martinez.

Ambas revistas adoptaron un papel sumamente crítico ao goberno electo de Arturo Illia promovendo a súa imaxe como a dun inútil (foi famosa a representación do Presidente coa imaxe dunha tartaruga). Tanto a revista de Casasbellas e Martinez como a de Timerman defendían o papel político das Forzas Armadas e promovían a figura do Xeneral Juan Carlos Onganía, quen en 1966 derrocaría a Illía para instalar a primeira ditadura de tipo permanente (1966-1973) da historia arxentina[1].

Hugo Gambini, un dos periodistas de Primera Plana a define como «el buque de guerra que más bombardeaba al gobierno»[2]. Paradoxalmente, o ditador ao chegar ao poder, Juan Carlos Onganía mandou clausurar Primera Plana[2].

En 1971 creou o diario La Opinión que foi expropiado en 1977 e logo clausurado pola ditadura militar denominada Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983).

Simultaneamente Timerman foi secuestrado por militares baixo as ordes do Xeneral Ramón Camps, un xeneral antisemita que foi condenado por crimes de lesa humanidade unha vez restablecida a democracia. Xunto con el foi secuestrado Enrique Jara, subdirector do diario, e poucas horas despois foi secuestrado tamén Enrique Raab, un dos xornalistas máis prestixiosos de La Opinión, quen non volvería a aparecer. A ditadura acusou a Timerman de ter como socio a David Graiver, que manexaba parte das finanzas de Montoneros.

Timerman foi severamente torturado e mantido desaparecido nos centros clandestinos de detención Puesto Vasco e COTI Martínez durante un mes. A presión da comunidade internacional foi decisiva para evitar o seu asasinato e a súa liberación en 1980. Pola contra a prensa e os xornalistas arxentinos, salvo contadas excepcións, practicamente ignoraron a detención de Timerman.

En 1981 recibiu o premio María Moors Cabot da Universidade Columbia. Debido a iso e como sinal de apoio á ditadura militar varios xornalistas arxentinos devolveron o premio que obtiveran en anos anteriores, entre eles Landrú, Máximo Gainza Paz e Bartolomé Mitre, este último director do diario La Nación.

En 1982, mentres aínda permanecía a ditadura arxentina no poder, Timerman escribiu en Israel (país onde se refuxiou) o libro Preso sin nombre, celda sin número, no que relata os seus padecementos nos centros clandestinos de detención. Foi un dos primeiros relatos acabados sobre as violacións de dereitos humanos na Arxentina.

Escribiu tamén os libros La guerra más larga; la invasión de Israel al Líbano, Chile, el galope muerto, e Cuba: un viaje a la isla.

Entre os premios recibidos atópase a Pluma de Ouro da Liberdade que outorga a Federación Internacional de Editores de Diarios.

En 1984 Timerman prestou a súa testemuña á CONADEP que o incluíu no famoso Informe Nunca Más, como atado N° 4635 [3].

Morreu o 11 de novembro de 1999 en Bos Aires.

En 2003 a periodista Graciela Mochkofsky publicou o libro "Timerman. El periodista que quiso ser parte del poder (1923-1999)" [4].

Publicacións editar

  • Preso sin nombre, celda sin número (1982)
  • Israel: la guerra más larga. La invasión de Israel al Líbano (1983)
  • Chile, el galope muerto (1987)
  • Cuba: un viaje a la isla (Cuba: a journey) (1990)

Notas editar

  1. Taroncher Padilla, Miguel Ángel; Periodistas y prensa semanal en el golpe de estado del 28 de junio de 1966: La caída de Illia y la revolución Argentina, Tesis, Universidade de Valencia, 10-06-2005
  2. 2,0 2,1 "Arturo Illia, 40 años: Mitos, falacias y verdades, por Hugo Gambini, La Nación, 12 de outubro de 2003". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 16 de novembro de 2007. 
  3. "Testimonio de Jacobo Timerman, Informe Nunca Más, CONADEP, 1985". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2002. Consultado o 04 de xullo de 2002. 
  4. Reseña: Yo el supremo, Páx. 12, 20 de febreiro de 2004

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar