Jacob van Ruisdael

Jacob Isaacszoon van Ruisdael, nado en Haarlem en 1628 ou 1629 e finado en Ámsterdan en marzo de 1682 foi un pintor paisaxista neerlandés.

Infotaula de personaJacob van Ruisdael

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(nl) Jacob Isaackszoon Van Ruisdael Editar o valor em Wikidata
1628 Editar o valor em Wikidata
Haarlem Editar o valor em Wikidata
Morte10 de marzo de 1682 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Haarlem Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSint-Bavokerk (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeProvincias Unidas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Ámsterdam Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , augafortista , artista gráfico , pintor de paisaxes , gravador , debuxante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1646 Editar o valor em Wikidata - 1682 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoArte de paisaxes Editar o valor em Wikidata
MovementoPintura do Barroco Editar o valor em Wikidata
Catálogo críticoJacob van Ruisdael and the perception of landscape (en) Traducir (1991)
Jacob van Ruisdael catalog raisonné, 1911 (en) Traducir (1911)
Jacob van Ruisdael (1928) (en) Traducir (1928)
Jacob van Ruysdael catalogue raisonné, 1835 (en) Traducir (1835) Editar o valor em Wikidata
ProfesoresSalomon van Ruysdael (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosMeindert Hobbema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiIsaack Ruisdael (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesJacob Salomonsz. van Ruysdael (pt) Traducir (curmán entregue)
Salomon van Ruysdael (pt) Traducir (tío) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Discogs: 2234928 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
O muíño de Wijk bij Duurstede (1670). Óleo sobre lenzo, 83 x 101 cm. Rijksmuseum, Ámsterdan.

Non se sabe a súa data de nacemento, se ben nun documento legal do 9 de xuño de 1661 declara ter trinta e dous anos. Ruisdael proviña dunha familia de artistas e artesáns. O avó era un ebanista de sona, Jacob de Goyer, que vivía no castelo de Ruisdael e tivo catro fillos, dos que tres mudaron o nome en Van Ruisdael ou Ruysdael (era práctica abondo corrente na época). Dous fillos de Jacob, Isaak (1599-1677) e Salomon (1600- c. 1670 circa), foron tamén pintores, estabelecidos en Haarlem.

Un documento conservado nos arquivos municipais de Haarlem testemuña que Isaak, viúvo, uniuse en novo matrimonio con Mayken Cornelisdochter o 12 de novembro de 1628. Jacob naceu probabelmente desta unión (da primeira dona non se coñece nin o nome). Mayken faleceu cando Jacob era aínda un rapaz. Isaak casou unha terceira vez o 9 de marzo de 1642. Outros documentos relativos ao pai do noso pintor mostran as súas constantes dificultades económicas, porén Jacob contribuíu ao seu mantemento na súa ancianidade.

Deféndese que Jacob foi iniciado na pintura polo seu tío Salomon, artista destacado na época, que asinaba "Ruysdael" mentres o sobriño como "Ruisdael". Cara a 1648 Jacob entrou a formar parte da confraría de pintores de Haarlem, mais ha dúbidas sobre a data precisa. Parece que nos inicios da súa carreira Ruisdael viaxou frecuentemente á busca de temas para as súas pinturas, mais sen se afastar en demasía da súa cidade. articularmente importante foi a viaxe que fixo en 1650 pouco máis aló dos confíns con Alemaña. Da experiencia, case con certeza en compañía doutro pintor mozo, Nicolaes Berchem (1620-1683), son testemuña os numerosos cadros que teñen por asunto o castelo de Bentheim en Westfalia.

Cara 1655 Jacob deixou Haarlem para mudarse a Ámsterdan, onde transcorreu o resto da súa vida. ous anos despois fíxose bautizar na Igrexa Reformada holandesa. En 1659 aveciñouse en Ámsterdan. En 1667 contraeu unha grave doenza, o que o levou a facer testamento no mesmo ano, no que se mostraba xeneroso coa súa media irmá. En todo caso, a enfermidade non condicionou a súa actividade, pois non se rexistran baixas tanto na cantidade e calidade das súa produción.

Arredor de 1670 pasa a residir nunha prestixiosa morada na praza principal de Ámsterdam, a praza Dam. Morreu en marzo de 1682 en Ámsterdam, mais foi sepultado na súa nativa Haarlem, onde repousan na impoñente igrexa gótica de San Bavón, tantas veces representada nas súas pinturas.

Temas e estilo editar

O asunto favorito de boa parte da súa obra foron escenas boscosas, semellantes as de Allart van Everdingen e Hobbema. Unhas 140 obras están dedicadas a este tipo de temas. Destacou como pintor de árbores, e a súa resolución da follaxe, en especial a de carballos, caracteriza a seu gusto pola precisión. Son salientes as súas vistas de cidades na lonxanía, como Haarlen ou Katwijk, que indican influencia de Rembrandt.

Só nos últimos anos da súa vida prestou atención Ruisdael a plasmación de vistas con cidadáns. Representou varias veces o Dam, a praza principal de Ámsterdam, na que vivira nese tramo da súa vida.

Durante un breve período (1646-1655) dedicouse ao gravado, do que apenas nos chegaron exemplares.