Jack Benny, nado como Benjamin Kubelsky o 14 de febreiro de 1894 en Chicago e finado o 26 de decembro de 1974 en Beverly Hills, foi un humorista e actor estadounidense.

Jack Benny
Nome completoBenjamin Kubelsky
Nacemento14 de febreiro de 1894
LugarChicago
Falecemento26 de decembro de 1974
LugarOs Ánxeles
Causacancro de páncreas
SoterradoHillside Memorial Park Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enWaukegan High School
Cónxuxe(s)Mary Livingstone
Profesiónoficial, locutor de radio, violinista, actor de televisión, actor de cinema, presentador de televisión e humorista
Na rede
http://www.jackbenny.org/
IMDB: nm0000912 Allocine: 1095 Rottentomatoes: celebrity/jack_benny Allmovie: p5438 TCM: 13978 TV.com: people/jack-benny IBDB: 31745
iTunes: 14853322 Musicbrainz: e6787683-1e6b-4168-b53d-150bec0a515a Songkick: 12666 Discogs: 1126459 WikiTree: Kubelsky-1 Find a Grave: 81 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Benny foi unha das personalidades estadounidenses do entretemento máis recoñecidas do século XX, permanecendo activo 39 anos tanto na radio, na televisión e no cine, os seus programas de radio e máis tarde de televisión foron inmensamente populares desde a década de 1930 ata a de 1960 e foron unha das influencias fundacionais da comedia de situación. Comezou a estudar o violín aos seis anos, e ese instrumento converteuse nun dos seus trazos característicos, a partir de 1911 tocábao en vodeviles da súa cidade natal e ao ano seguinte formou un dúo coa pianista Cora Salisbury. Participou na primeira guerra mundial onde adoitaba entreter ás tropas co seu violín, logo da guerra seguiu a actuar en vodeviles e en 1929 interveu no seu primeiro filme The Hollywood Revue of 1929, un dos primeiros filmes sonoros. Foi co programa Jack Benny Program cando se converteu nunha figura coñecida en todo o país, emitiuse na radio desde 1932 ata 1955 e na televisión de 1950 ata 1965.

Véxase tamén editar