Jacinto Lamosa Novas
Jacinto Manuel Lamosa Novas, nado en Bueu cara a 1884 e finado en Marín o 7 de decembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1884 Bueu, España |
Morte | 7 de decembro de 1936 (51/52 anos) Marín, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarSerrador veciño de Beluso. Fundador da Sociedade El Progreso e presidente da Sociedade de Canteiros e Oficios Varios de Bueu. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xunto cos tamén detidos Francisco Escáneo Franco, Francisco García Villanueva e José Seijas Camiña foron asasinados a madrugada do 7 de decembro. O cadáver de Jacinto Lamosa apareceu nas inmediacións do Cemiterio Municipal de Marín xunto co de Francisco Escáneo. Soterrado no Cemiterio de Marín, foi inscrito inicialmente coma un cadáver descoñecido, e foi identificado o 27 de novembro de 1981. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Cidrás Fuentes, Aldara (2019). "Memoria familiar, historia de todos: el caso de Francisco Escáneo Franco" (PDF). Experiencias en común: Colección jóvenes por la historia III. p. 331. ISBN 978-84-16723-76-8.
Ligazóns externas
editar- Jacinto Lamosa Novas na base de datos do proxecto Nomes e voces.