Jacinto Campaña Martínez

sindicalista e político galego

Jacinto Campaña Martínez, nado en Camariñas cara 1907 e finado en Luarca en outubro de 1937, foi un comerciante, sindicalista e político galego.

Infotaula de personaJacinto Campaña Martínez
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor em Wikidata
Camariñas, España Editar o valor em Wikidata
Morteoutubro de 1937 Editar o valor em Wikidata (29/30 anos)
Luarca, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dono dun ultramarinos en Camariñas.[1] Foi elixido vicesecretarío da Cofraría de pescadores de Camariñas en 1931.[2] Foi concelleiro de Camariñas na primeira corporación republicana. En setembro de 1933 foi detido, acusado de desobediencia.[3] Presidente do Sindicato de Oficios Varios de Camariñas, afecto á CNT, dende 1932, e reelixido en xuño de 1936, foi correspondente de Solidaridad. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, cando ía ser detido por un grupo de gardas e milicianos ao mando do tenente Santos, foi advertido polo seu compadre, o comandante do posto da Garda Civil Mariano Lera, fuxiu e estivo agochado durante meses nos montes do cabo Vilán. Fuxiu por mar a Asturias nunha dorna a vela en outubro de 1937. Chegou a Luarca pensando que aínda estaba en mans do goberno republicano, pero xa fora ocupada polas tropas rebeldes. Detido por milicianos falanxistas, puxérono cabeza abajo nun bidón cheo de auga e dispararon as súas metralletas sobre o tonel. Foi soterrado nunha fosa común. Procesado posteriormente polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas, foi condenado o 21 de xuño de 1941 a 5 anos de inhabilitación especial para o desempeño de cargos ou empregos do Estado, Provincia e Municipio, públicos de mando, confianza e directivos e ao pago de 150 pesetas. Posteriormente os seus restos foron trasladados ao Valle de los Caídos.

Vida persoal editar

Casou con Luzdivina Leis Rey e tivo dous fillos. Cando enviuvou, Luzdivina viuse obrigada a vivir de donativos e esmola.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar