J. Patrice McSherry


Joan Patrice McSherry nada en Nova York o 17 de xuño de 1949, é profesora emérita de ciencia política na Universidade de Long Island (LIU)[1] [2] Está especializada no estudo da política latinoamericana e escribiu o libro Predatory States ("Estados depredadores"), que detallaba a participación dos Estados Unidos na Operación Cóndor.[3][4][5] McSherry é presidenta fundadora e directora do Programa de Estudos Latinoamericanos e do Caribe no campus de LIU e colaboradora do Instituto de Estudios Avanzados (IDEA) da Universidade de Santiago de Chile (Usach).[6]

Infotaula de personaJoan Patrice McSherry
Biografía
Nacemento17 de xuño de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Nova York
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense
EducaciónCUNY
Actividade
OcupaciónProfesora emérita, investigadora, escritora
EmpregadorLong Island University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de William Patrick McSherry e Bobette Hope (de solteira Ryan) McSherry.

Formación editar

J. P. McSherry obtivo un BA, Universidade de California en Berkeley en 1971; Mestrado en Artes, Universidade da Cidade de Nova York (CUNY), en 1991; Doutora en Filosofía, CUNY, en 1994.[2]

Carreira editar

Asistenta de profesores de escolas públicas, California, 1971-1978. Asistenta de biblioteca, Universidade de California, Berkeley, 1978-1981; investigadora principal, Institute for the Study of Labor and Economics Crisis, San Francisco, 1979-1985; consultora de organizacións sen ánimo de lucro, Nova York, 1986-1990; investigadora asociada no Ralph Bunche Institute nas Nacións Unidas, Nova York, 1988-1994; profesora asistente de relacións internacionais e estudos latinoamericanos na State University of New York (SUNY) desde 1994. Profesora asistente adxunta en CUNY, 1993-1994.[2]

Obra publicada e Dereitos Humanos editar

McSherry traballou con varias organizacións non gobernamentais internacionais en cuestións de DDHH antes do seu posgrao. No seu segundo proxecto en Chile fixo unha desviación do seu enfoque a longo prazo da violencia política e o terrorismo de Estado en América Latina, realizando un traballo de campo sobre as relacións entre o Movimiento de la Nueva Canción de Chile e as loitas e movementos políticos populares dos anos 1960 e 1970s[7]. Traballou no Instituto de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Chile.[8] Foi autora de varios libros e coeditou outro (The Iraq Papers, sobre aspectos éticos, legais, etc. da invasión do Iraq de 2003)[9][10] ademais de informes e publicacións académicas.[11][12][2] Forma parte do consello editorial da revista académica Social Justice.[13] Foi editora asociada para América Latina do Journal of Third World Studies[14] durante trece anos (19972010).

Recoñecementos editar

Gañou o Premio David Newton de LIU á Excelencia no Ensino en 2008[15] e recibiu o Premio Distinguished Alumni do Programa de Doutoramento en Ciencias Políticas do Centro de Posgraos CUNY en 2009.[2][16] Foi galardoada con varias bolsas do programa Fulbright (Arxentina, 1992; Uruguai, 2005; Chile, 2011).[8] Foi reseñada por Marquis Who's Who como destacada politicóloga, educadora e investigadora.[2]

Notas editar

  1. "2008; JPS". brooklyn.liu.edu. 2008-04-23. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2008. Consultado o 21 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Joan Patrice McSherry". prabook.com (en inglés). Consultado o 2022-07-21. 
  3. McSherry, J. Patrice (2009). Los estados depredadores: la Operación Cóndor y la guerra encubierta en América Latina (en castelán). Lom Ediciones. ISBN 978-956-00-0062-0. 
  4. Rojas, Matías (2017-09-22). "Académica de EEUU, Patrice McSherry: "La dictadura no pudo borrar a Víctor Jara"". El Ciudadano (en castelán). Consultado o 2022-07-21. 
  5. "J. PATRICE MCSHERRY -- THE UNDEAD GHOST OF OPERATION CONDOR -- LOGOS 4.2 SPRING 2005". www.logosjournal.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2005. Consultado o 2022-07-21. 
  6. McSherry, J. Patrice (2022-07-12). "El programa secreto de la CIA, MK-Ultra". Página 19 (en castelán). Consultado o 2022-07-21. 
  7. McSherry, J. Patrice (2015-05). Chilean New Song: The Political Power of Music, 1960s - 1973 (en inglés). Temple University Press. ISBN 978-1-4399-1152-5. 
  8. 8,0 8,1 "Alumni News". www.gc.cuny.edu (en inglés). Consultado o 2022-07-21. 
  9. "J. Patrice McSherry". LibraryThing.com. Consultado o 2022-07-21. 
  10. Ehrenberg, John; McSherry, J. Patrice; Sanchez, Jose Ramon; Sayej, Caroleen Marji; Sayej, Assistant Professor of Government and International Relations Caroleen Marji (2010). The Iraq Papers (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-539858-8. 
  11. "J. Patrice McSherry". academicinfluence.com (en inglés). Consultado o 2022-07-21. 
  12. McSherry, J. Patrice. "Confronting the question of justice in Guatemala /". www.ruie.ucr.ac.cr. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2022. Consultado o 2022-07-21. 
  13. "Social Justice ; A Journal of Crime, Conflict & World Order". www.socialjusticejournal.org (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2022. 
  14. "Journal of Third World Studies on JSTOR". www.jstor.org (en inglés). Consultado o 2022-07-21. 
  15. "About: J. Patrice McSherry". dbpedia.org (en inglés). Consultado o 2022-07-21. 
  16. "J. Patrice McSherry". www.spectroom.com. Consultado o 2022-07-21. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar