Jérusalem (en galego Xerusalén) é unha grand opéra en catro actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en francés de Alphonse Royer e Gustave Vaéz. Foi estreada no Théatre de l'Opera de París o 26 de novembro de 1847. Foi a primeira colaboración de Verdi para un teatro non italiano e baseouse na súa propia ópera de 1843 I Lombardi alla prima crociata, mais realizando unha versión ao gusto francés, cun novo texto, nova música, variacións no argumento e a inclusión dun ballet, esixencia imprescindible para os franceses tal como entendían a ópera. O 26 de decembro de 1850 foi estreada no Teatro alla Scala de Milán, traducida ao italiano e sen ballet, baixo o nome de Gerusalemme.

Jérusalem
Xerusalén
FormaÓpera
Actos e escenas4 actos
Idioma orixinal do libretoFrancés
LibretistaAlphonse Royer e Gustave Vaéz
Fontes literariasReelaboración da ópera de Verdi I Lombardi alla prima crociata
Estrea26 de novembro de 1847
Teatro da estreaThéatre de l'Opera
Lugar da estreaParís
Música
CompositorGiuseppe Verdi
Personaxes

Gaston (tenor)
Conde de Toulouse (barítono)
Roger (baixo)
Raymond (tenor)
Hélène (soprano)
O Emir de Ramla (baixo)
Isaure (mezzosoprano)
Ademar de Montheil (baixo)
Un soldado (baixo)
Un heraldo (baixo)
Un oficial do Emir (tenore)

Personaxes editar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea,
26 de novembro de 1847
(Director: -)
Gaston, vizconde de Bearne tenor Gilbert-Louis Duprez
Le Comte de Toulouse barítono Charles Portheaut
Roger, irmán do conde baixo Adolphe-Louis-Joseph Alizard
Hélène, filla do conde soprano Esther Julian Van Gelder
Isaure, súa compañeira mezzosoprano Muller
Adhemar de Monteil, legado do Papa baixo Hippolyte Bremont
Raymond, escudeiro de Gaston tenor M. Barbot
L'Emir de Ramla baixo Guignot
Un Officier de l'Emir tenor Koenig
Un heraldo baixo M. Molinier
Un soldado baixo M. Prevost
Cabaleiros, damas, paxes, soldados, peregriños, penitentes e verdugo, xeques árabes, mulleres do arén e xente de Rambla

Véxase tamén editar