Ivan Quintans

futbolista de Liechtenstein

Ivan Quintans, nado o 15 de outubro de 1989 en Schaan, é un futbolista de Liechtenstein que xoga de lateral esquerdo no FC Buchs de Suíza.

Ivan Quintans
Quintans
Información persoal
Nome Ivan Quintans
Nacemento 15 de outubro de 1989 (34 anos)
Lugar de nacemento Schaan
Altura 1,84 m
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual FC Buchs
Carreira xuvenil
–2007 FC Vaduz
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2010 FC Schaan
2010–2011 USV Eschen/Mauren 13 (0)
2011–2016 FC Balzers 83 (6)
2016 Chur 97
2014–2020 USV Eschen/Mauren 53 (1)
2020– FC Buchs
Selección nacional
2009–2010 Liechtenstein Sub-21 6 (0)
2011–2018 Liechtenstein 31 (0)
Na rede
UEFA: 250008893 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 2 de xuño de 2019
Selección: actualizado a 10 de xuño de 2021.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu en Schaan, localidade de Liechtenstein, sendo fillo dun galego de Olveiroa, Dumbría, e dunha croata.[1]

Criouse futbolisticamente na canteira do FC Vaduz, pasando logo ao FC Schaan, co que debutou como sénior. Despois de tres anos nese equipo pasou polo USV Eschen/Mauren, antes de chegar en 2011 ao FC Balzers, onde militou ata 2016. Despois dun breve período xogando no Chur 97 regresou nese mesmo 2016 ao USV Eschen/Mauren, onde xogou ata 2020, cando fichou polo FC Buchs.

Selección nacional editar

Foi internacional coa selección de fútbol de Liechtenstein en 31 ocasións. Fixo o seu debut co equipo nacional nun amigábel contra Hungría o 11 de novembro de 2011 e disputou o seu último encontro internacional sete anos e oito días despois, nun partido da Liga das Nacións da UEFA contra Armenia.[2][3]

Notas editar

  1. Iván Quintáns: "Me gustaría jugar fuera, pero en Galicia es complicado" (en castelán)
  2. "Hongrie - Liechtenstein". transfermarkt.com (en inglés). 
  3. "Liechtenstein 2-2 Armenia". football.info (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2021.