Iván Villar
Ivan Villar Martínez, nado en Aldán (Cangas) o 9 de xullo de 1997 é un futbolista galego que xoga de porteiro no Celta de Vigo.
Ivan Villar | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Ivan Villar Martínez | ||
Nacemento | 9 de xullo de 1997 (26 anos) | ||
Lugar de nacemento | Aldán | ||
Altura | 1,89 m | ||
Posición | Porteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Celta de Vigo B | ||
Carreira xuvenil | |||
Rápido Bahía | |||
2007–2015 | Celta | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2013–2019 | Celta B | 86 | (0) |
2016– | Celta de Vigo | 26 | (0) |
2018 | → Levante UD (cedido) | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2013 | España sub-17 | 2 | (0) |
2016-2017 | España sub-19 | 1 | (0) |
2016-2017 | España sub-21 | 0 | (0) |
2021 | España Olímpica | 0 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Procedente do Rápido Bahía, fichou polo Celta de Vigo en idade alevín, pasando por tódolos equipos da canteira celeste ata o Celta de Vigo B, co que debutou en 2013 na Segunda División B, aínda en idade de xuvenil. Na tempada 2015/16 foi o primeiro porteiro do filial e na tempada seguinte, 2016/17, alternou o filial coas convocatorias do primeiro equipo, co que debutou na penúltima xornada da liga de Primeira División fronte ao Deportivo Alavés, da man do adestrador Eduardo Berizzo.[1]
No verán de 2017 rexeitou continuar no filial, pois preferiu intentar gañar un posto no primeiro equipo fronte aos gardametas Rubén Blanco e Sergio Álvarez.[2] Con todo, non dispuxo de ningún minuto e en xaneiro saíu cedido ao Levante, que buscaba un porteiro para suplir a baixa do lesionado Raúl Fernández.[3] No equipo valenciano non chegou a debutar, sendo o gardameta titular Oier Olazábal. Na tempada 2018/19 regresou ao Celta B, co que disputou 39 partidos.
Na campaña 2019/20 foi o terceiro porteiro do primeiro equipo, e disputou os últimos partidos da tempada, tralas lesións de Sergio e Rubén Blanco. Os problemas destes gardametas continuaron na 2020/21, polo que Iván Villar puido xogar 23 partidos durante o ano.
Selección española editar
Foi internacional coa selección española sub-17,[4] coa sub-19 e coa sub-21,[5] e en xullo de 2021 viaxou a Toquio para participar nos Xogos Olímpicos de 2020.[6] O seleccionador Luis de la Fuente elixiuno como terceiro porteiro, por detrás de Unai Simón e Álvaro Fernández. Aínda que non chegou a debutar no torneo, conseguiu a medalla de prata despois de que o seu equipo xogase e perdese a final contra o Brasil de Dani Alves.[7]
Notas editar
- ↑ "Iván Villar, un debut solo ante el peligro". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de maio de 2017. Consultado o 22 de xullo de 2021.
- ↑ "Iván Villar le dice no al filial del Celta". Marca (en castelán). 14 de xullo de 2017. Consultado o 22 de xullo de 2021.
- ↑ "El Levante se hace con la cesión del portero del Celta Iván Villar para suplir a Raúl". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 22 de xullo de 2021.
- ↑ "El portero Iván Villar, convocado con la selección española sub 17". Faro de Vigo (en castelán). 31 de agosto de 2013. Consultado o 22 de xullo de 2021.
- ↑ "Iván Villar, citado por primera vez por la selección sub-21". Faro de Vigo (en castelán). 25 de agosto de 2017. Consultado o 22 de xullo de 2021.
- ↑ Bernardo, Julio (30 de xuño de 2021). "Iván Villar, a los Juegos Olímpicos de Tokio". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 22 de xullo de 2021.
- ↑ "Brasil fue mejor, tocó plata" (en castelán). 7 de agosto de 2021. Consultado o 8 de agosto de 2021.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Berto Carballo (14 de abril de 2016). "Iván Villar, el guardián de O Morrazo". Canteira Celeste (en castelán).
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).