Ivan Turgenev

escritor ruso
(Redirección desde «Iván Turguiéñef»)

Ivan Sergeevich Turgenev ou Iván Sergéyevich Turguiéñef[1] (en cirílico Иван Сергеевич Тургенев), nado en Orel o 9 de novembro de 1818 e finado en Bougival o 3 de setembro de 1883, foi un escritor, novelista e dramaturgo ruso, considerado o máis europeísta dos narradores dese país no século XIX. É autor dunha das grandes obras de narrativa rusa, a novela Ottsy i deti, que viría sendo Pais e fillos en lingua galega, se ben non se dispón aínda de tradución.

Infotaula de personaIvan Turgenev

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de outubro de 1818 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Oriol (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de agosto de 1883 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Bougival (Terceira República Francesa) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Spinal cord neoplasm (en) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaLiteratorskie mostki Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaIvan Turgenev museum (en) Traducir (–1851)
Q23929917 Traducir (1850–)
Ivan Turgenev museum (en) Traducir (–1846)
Q23728375 Traducir (–1838)
San Petersburgo
Ivan Turgenev museum (en) Traducir
Francia
Ivan Turgenev museum (en) Traducir
Berlín Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeImperio Ruso Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Berlín
Imperial Moscow University (en) Traducir
Faculty of Philosophy at Saint Petersburg State University (en) Traducir
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura da Rússia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , tradutor , prosista , dramaturgo , novelista , poeta , dramaturgo , xornalista de opinión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1834 Editar o valor em Wikidata - 1883 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAcademia das Ciencias de San Petersburgo Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoConto, novela curta, novela, Elexía e Drama Editar o valor em Wikidata
MovementoRealismo literario Editar o valor em Wikidata
ProfesoresNikolaj Gerasimovič Ustrjalov (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literario.....въ
Иеремия
Т.
Т…
Т. Л.
Недобобов
И.Т.
Л.
—е—
И.С.Т.
Т……в Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa, lingua alemá, lingua inglesa e lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaHouse of Turgenev (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
PaisSergei Nikolaevich Turgenev (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Varvara Petrovna Turgeneva (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsVarvara Zhitova (pt) Traducir e Nikolay Sergeyevich Turgenev (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0877057 Allocine: 151879 Allmovie: p311370 IBDB: 6482
Spotify: 6fxzQcoVtnRt4MSg75fMDp iTunes: 1412452956 Musicbrainz: 6727a7fb-8609-417e-a5e9-bcc99b8b062f Discogs: 1576452 IMSLP: Category:Turgenev,_Ivan WikiTree: Turgenev-1 Find a Grave: 10178314 Deezer: 9188084 Editar o valor em Wikidata
Iván Turguiéñef

Traxectoria editar

Turgenev naceu no seo dunha rica familia terratenente na cidade rusa de Oriol. O seu pai, Serguéi Nikoláyevich Turgenev, coronel da cabalería imperial, morreu cando Iván tiña dezaseis anos, deixándoo xunto co seu irmán Nikolái ao coidado da súa abusiva nai, Varvara Petrovna Lutovínova:

"Un neno taciturno debeu de ser Turgenev, un neno perplexo pola contradición entre o papel da nai no fogar e o arquetipo materno propio da sociedade en que vivían. O seu autoritarismo e comportamento case varonil de dona absoluta chocaría coa pasiva indiferenza do pai".
Juan Eduardo Zúñiga

Esa infancia tan marcada pola presenza ditatorial da nai e a ausencia física e afectiva do pai —que pouco antes de morrer tivera unha amante— explicaría, segundo Juan Eduardo Zúñiga, os problemas que Turgenev tivo na súa vida adulta para ter unha relación estable cunha muller, e o pesimismo que impregna a maior parte das súas obras. A esta tese abónase tamén o escritor español Javier Marías, que nas súas Vidas escritas, comeza así o capítulo dedicado ao escritor ruso:

O pesimismo das novelas e contos de Ivan Turgenev, que algúns dos seus colegas chegaron a reprocharlle, debeu de ser o tributo mínimo e menos daniño de cuantos puido pagar a unha contorna familiar ominosa, por non dicir resoltamente malvada. A súa adiñeirada e soada nai...era dunha crueldade, mezquindade e barbarie só superadas polas da súa propia nai, a avoa de Ivan..."

Despois de completar a escola elemental, Turgenev estudou durante un ano na Universidade de Moscova e logo na Universidade de San Petersburgo, especializándose nos clásicos, literatura rusa e filoloxía.

En 1838 enviárono á Universidade de Berlín a estudar filosofía, particularmente con Hegel, e historia. Turgenev impresionouse coa sociedade centro-europea de Alemaña e volveu occidentalizado, pensando que Rusia podía progresar imitando a Europa, en oposición á tendencia eslavófila da época no seu país. Igual que moitos dos seus contemporáneos con bo nivel de educación, opúxose especialmente ao sistema de servidume.

Unha familia vasalla leulle os versos de Rossiáda de Mikhail Kheraskov, celebrado poeta do século XVIII. Os primeiros intentos literarios de Turgenev, incluíndo poemas e esbozos, mostraron o seu xenio e recibiron comentarios favorables de Belinski, por entón o principal crítico literario ruso. No final da súa vida, Turgenev residiu pouco en Rusia, preferindo Baden-Baden ou París, desde que coñeceu no teatro Mariinski de San Petersburgo á cantante española Paulina García de Viardot ou Pauline García-Viardot, por quen abandonaría Rusia para establecerse en Francia e por cuxo amor estivo preso ata o fin dos seus días.

Turgenev nunca contraeu matrimonio, aínda que tivo unha filla cunha das servas da súa familia. Alto e robusto, o seu carácter destacouse pola súa timidez, introspección e falar suave. O seu amigo literario máis próximo foi Gustave Flaubert. As súas relacións con Lev Tolstoi e Fiódor Dostoievski foron a miúdo tensas, considerando a tendencia proeslavista de ambos.

A súa complicada amizade con Tolstoi alcanzou tal animosidade que en 1861 este retouno a duelo. Aínda que logo desculpouse, estiveron sen falarse dezasete anos. Dostoievski á súa vez parodió a Turgenev na súa novela Бесы (Os demos) (1872), a través do personaxe do novelista Karmazínov. En 1880, o famoso discurso de Dostoievski na inauguración do monumento a Pushkin versou sobre a súa reconciliación con Turgenev.

Ocasionalmente visitou Inglaterra, e en 1879 a Universidade de Oxford outorgoulle un título honorífico. Morreu en Bougival, preto de París, debido a un cancro de medula. No seu leito de morte exclamou, referíndose a Tolstói; «Amigo, volve á literatura». Con tal inspiración, Tolstoi escribiu obras como Смерть Ивана Ильича (A morte de Ivan Ilich) e Крейцерова сонаtа (A Sonata Kreutzer). Por expreso desexo de Turgenev o seu corpo foi trasladado a San Petersburgo e enterrado no cemiterio Volkovskoie.

En 1883 pesouse o cerebro de Turgenev, verificándose a infrecuente medida de 2021 gramos.[2]

Obra traducida ao galego editar

  • O primeiro amor (col. Xabarín, Edicións Xerais de Galicia, 1987)
  • "O prado Biézhin", relato incluído na compilación O conto ruso do XIX : de Puxquin a Tolstoi (Ir Indo, 1997; tradución de Irina Gorbátikova[3]).

Notas editar

  1. Esta segunda forma en galego é a que se corresponde coa dada no libro O primeiro amor, editado por Xerais
  2. Libro Guinness dos Récords,1987
  3. Informe de Literatura 1997 CPRPIH.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar