Iván González Veiras

futbolista español

Iván González Veiras, nado en Noia o 9 de outubro de 1978, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro e o seu club actual é o CD Unión de Asados, da parroquia de Asados, en Rianxo, pertencente á Primeira Galicia.

Iván González
Información persoal
Nome Iván González Veiras
Nacemento 9 de outubro de 1978 (45 anos)
Lugar de nacemento Noia
Altura 1,82 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Unión de Asados
Número 7
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1997-2002 Noia
2002–2006 Negreira 29 (5)
2006-2009 Santa Comba
2009–2010 Compostela 38 (12)
2010–2012 Lugo 54 (15)
2012–2013 Ourense 31 (3)
2013–2014 Boiro 33 (11)
2014–2015 Racing Vilalbés 29 (10)
2015 Laracha 8 (0)
2015–2016 Ribadeo 16 (5)
2017 Noia 5 (2)
2017 Negreira 16 (3)
2018 Dumbría 16
2018–2019 Xallas 27 (11)
2019 Fisterra 6 (1)
2020 Unión de Asados 10 (4)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 22 de outubro de 2020.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou xogando ao baloncesto, pasando logo ao fútbol. Con 19 anos comezou a xogar no CF Noia, en Preferente, onde estivo cinco anos. Na súa última tempada no Noia, a 2001/02, anotou 30 goles, o que provocou que recibira ofertas de varios equipos, decantándose pola SD Negreira.[1][2] Con ese equipo conseguiu o histórico ascenso á Segunda División B na tempada 2004/05. Xogou 29 partidos en dita categoría ao ano seguinte, anotando cinco goles, pero o equipo acabou descendendo. Ao remate da tempada fichou polo Santa Comba, de Terceira.[3]

Tras tres anos en Santa Comba fichou en 2009 pola SD Compostela de 2ª B,[4] xogando esa tempada case todos os partidos como titular e anotando 12 goles en liga e un na Copa do Rei fronte ao Zamora.[5] Con todo, o equipo quedou último, perdendo a categoría, e Iván González fichou polo CD Lugo adestrado por Quique Setién, que militaba tamén en 2ª B. Na súa primeira tempada en Lugo xogou todos os partidos de liga e marcou 10 goles, quedando o equipo como primeiro clasificado do seu grupo, pero non conseguindo o ascenso ao perder na final da fase de promoción fronte ao Alcoyano. Na segunda tempada o equipo logrou o ascenso tras derrotar na final dos playoffs ao Cádiz.

O 17 de agosto de 2012 anunciouse a súa contratación polo CD Ourense para a tempada 2012–13.[6] Tras esa tempada en Ourense xogou nos seguintes seis anos en oito equipos diferentes de Terceira e Preferente: CD Boiro, Racing Vilalbés, Laracha,[7] Ribadeo,[8] Noia, Negreira,[2] Dumbría e Xallas.[9][10] Tras anotar 11 goles con este último (catro deles nun mesmo partido),[11] deixou o equipo antes do remate da tempada e fichou polo Fisterra, da Primeira Galicia, co que logrou o ascenso. Na tempada 2019/20 xogou no Unión de Asados, tamén da Primeira Galicia.

Palmarés editar

Lugo

Notas editar

  1. "Iván, el «pichichi» del Noia, se ha comprometido con el Negreira". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xullo de 2002. p. 13. 
  2. 2,0 2,1 Crespo, Jaime; C., N. (31 de xullo de 2017). "Iván González, de volta no Negreira: «O meu ídolo foi Michael Jordan»". La Voz de Galicia. Consultado o 22 de outubro de 2020. 
  3. "El delantero noiés Iván González, primer fichaje del Santa Comba". La Voz de Galicia. 29 de maio de 2006. Consultado o 22 de outubro de 2020. 
  4. "En A Fontenla echan de menos a Iván González". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de novembro de 2009. p. 33. 
  5. "Acta do Compostela-Zamora da Copa do Rei 2009". RFEF. Consultado o 22 de outubro de 2020. [Ligazón morta]
  6. ""El Ourense ya tiene goleador"". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2012. Consultado o 17 de agosto de 2012. 
  7. "El Laracha incorpora al delantero Iván González" (en castelán). 2 de setembro de 2015. Consultado o 22 de outubro de 2020. 
  8. "O Ribadeo FC ficha a Iván González ata finais da temporada 15/16". 4 de decembro de 2015. Consultado o 22 de outubro de 2020. 
  9. "Esteban Capelo e Iván González refuerzan el ataque del Dumbría" (en castelán). 25 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2020. Consultado o 22 de outubro de 2020. 
  10. "Madiop e Iván González firman por un Xallas que renovou a Néstor". 12 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2020. Consultado o 22 de outubro de 2020. 
  11. Calvo, Naso (21 de setembro de 2018). "Iván González: «Nunca había marcado cuatro goles en un partido»" (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar