Itzhak Ben-Zvi (24 de novembro de 1884 - 23 de abril de 1963), foi un historiador e político israelí, líder do sionismo socialista e o segundo presidente de Israel.

Infotaula de personaItzhak Ben-Zvi

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(he) יצחק בן-צבי Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de novembro de 1884 Editar o valor em Wikidata
Poltava, Ucraína (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de abril de 1963 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Xerusalén, Israel Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMonte dos Descansos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente de Israel
16 de decembro de 1952 – 23 de abril de 1963
← Chaim WeizmannZalman Shazar (pt) Traducir →
Membro de Knesset
20 de agosto de 1951 – 8 de decembro de 1952 – Ya'akov Nitzani (pt) Traducir →
Lexislatura: 2nd Knesset (en) Traducir
Membro de Knesset
14 de febreiro de 1949 – 20 de agosto de 1951
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIsrael Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónIstanbul University Faculty of Law (en) Traducir (1912–1914)
Universidade de Kiev (pt) Traducir (1905–1906) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Xerusalén Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , escritor , historiador , Jewish communities scholar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMapai (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua hebrea, lingua inglesa, lingua francesa, lingua rusa e Lingua yiddish Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRachel Yanait Ben-Zvi
FillosQ122167824 Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAharon Reuveni (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 79657103 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Naceu en Poltava no Imperio Ruso, hoxe en Ucraína, Itzhak era o fillo máis vello de Zvi Shimshelevitz. Participou nas unidades de autodefensa que os xudeus organizaron en Ucraína para se defenderen durante os pogroms de 1905, militou no partido sionista marxista Poale Zion e foi delegado no Congreso Sionista de 1907 e alí coñeceu a Israel Shochat, delegado do seu partido na Terra de Israel e que o convenceu para se establecer alí. Instalouse en Iafa nese mesmo ano, no seu apartamento creouse ese 28 de setembro a organización clandestina "Bar-Giora", precursora da organización paramilitar Hashomer. En 1909 organizou xunto a Rachel Yanait o Instituto de Educación Secundaria de Xerusalén.

Entre 1912 e 1924 estudou no Galatasaray Lisesi de Istambul e máis tarde dereito na Universidade de Istambul, coincidindo con David Ben Gurion, futuro primeiro ministro de Israel. Ben-Zvi regresou con Ben Gurion a Palestina en agosto de 1914, pero as autoridades otomás expulsáronos en 1915. Estableceuse en Nova York onde estivo involucrado no movemento sionista e organizou unha sección do movemento xuvenil sionista HeHalutz. Xunto con Ben Gurion escribiu en 1918 en yiddish o libro ארץ ישראל אין פערגאנגינהייט און געגענווארט (Erets Yisroel in fergangenhayt un gegenvart) para promover a causa sionista entre os xudeus estadounidenses. Logo do seu retorno a Palestina nese ano casou con Rachel Yanait.

Carreira política editar

Ben-Zvi serviu na Lexión Xudía xunto co seu amigo David Ben-Gurion ó final da primeira guerra mundial. En 1919 foi un dos fundadores do partido Ahdut HaAvoda e viuse envolto na Haganah. Posteriormente entrou a formar parte do concello de Xerusalén e do Consello Nacional, o goberno da comunidade xudía durante o mandato británico en Palestina. Segundo o profesor de ciencias políticas Shlomo Nakdimon Ben-Zvi ordenou o asasinato de Jacob Israël de Haan,[1] unha figura moi controvertida, antigo sionista que se convertera en voceiro dos haredi.[2]

 
Ben Zvi co alcalde de Xerusalén, 1952

Presidencia editar

Ben-Zvi foi un dos asinantes da Declaración de Independencia o 14 de maio de 1948, foi membro do primeira e segundo Knesset representando o partido Mapai e foi presidente de Israel desde o 8 de decembro de 1952 ata a súa morte.

 
Ben-Zvi co oitavo goberno israelí, 1958

Notas editar

  1. Shlomo Nakdimon; Shaul Mayzlish (1985) דה האן : הרצח הפוליטי הראשון בארץ ישראל Deh Han : ha-retsah ha-politi ha-rishon be-Erets Yisraʼel. Tel Aviv: Modan Press.
  2. Neturei Karta

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Chaim Weizmann
 
Presidente de Israel

1952 - 1963
Sucesor:
Zalman Shazar