O istmo de Kra é unha estreita terra que conecta a península Malaia co resto de Asia, a parte leste pertence a Tailandia, mentres que a zona oeste pertence á rexión de Tanintharyi, de Birmania. Ao oeste do istmo atópase o mar de Andaman, mentres que ao leste está o golfo de Tailandia.

O istmo de Kra coa península Malaia