Isomalt

composto químico

O Isomalt (Isomaltitol ou Isomaltosa hidroxenada), Código europeo E-953, é un edulcorante dietético fabricado empregando azucre como materia prima.

Características editar

Foi descuberto na década de 1960 e é mestura de dous alcohois disacáridos: gluco manitol e gluco sorbitol. É un carbohidrato pouco dixerible. Dixírese soamente de xeito parcial na parte baixa do tracto intestinal. Algunhas das partes non absorbidas son metabolizadas polas bacterias do intestino groso. Ese proceso pode causar nalgunhas persoas deposicións máis brandas ou máis gases intestinais do usual de xeito similar á reacción do corpo a comidas con alto contido de fibras. As poucas persoas que presentan este problema, evítano se comezan con pequenas porcións e incrementan o seu consumo gradualmente.

Realizáronse extensas investigacións sobre o efecto do Isomalt nos niveis de glicosa e insulina. Os resultados sobre persoas con diabetes tipo 1 e tipo 2 teñen mostrado que despois da dixestión de Isomalt, ditos niveis non difiren de maneira apreciable dos niveis normais.

Resumo de características:

Fórmula: mestura aproximadamente equimolecular de 6-O-a-D-Glucopiranosil-D-Manitol dihidratado (C12H24O11 . 2H2O) con 6-O-a-D-Glucopiranosil-D-Sorbitol (C12H24O11)

Masa molecular: Gluco-piranosil-D-Sorbitol: 344,32. Glucopiranosil-D-Manitol dihidratado: 380,32

Humidade: (Karl Fischer): non máis do 7%

Rango de fusión: entre 145 °C e 150 °C.

Cinzas sulfatadas: non máis do 0,05%.