Por isolacionismo compréndese, en xeral, a práctica oficial dun Estado ou Nación en fecharse para os demais, quer económica, quer politicamente.[1]

Práctica isolacionista editar

En determinados momentos históricos algúns países adoptan unha postura de maior ou menor Isolacionismo, en determinados aspectos da súa política externa. Nos Estados Unidos, por exemplo, hai posturas como a que levaran o país a retardar seu ingreso na segunda guerra mundial - levadas en xeral pola opinión pública americana, con tendencia a ocuparse dos asuntos internos (algo indicado en pescudas de opinión - como durante a Guerra de Vietnam e a Invasión do Irak).

No Brasil, durante a Ditadura Militar (1964-1985), o país viviu na práctica o isolacionismo económico, coa economía practicamente pechada para o mercado externo.

Exemplos editar

Xapón editar

Por cerca de 200 anos o Xapón mantivo en voga un sistema chamado Sakoku, onde non era admitida sequera a entrada de estranxeiros no país, ben como a saída de nativos para outro. O obxectivo era manter inalterada a vida interna, e consecuentemente o seu equilibrio.

O sistema de sakoku durou ata 1853, ano en que o comodoro Matthew Perry se presentou cunha frota de buques de guerra dos Estados Unidos de América para esixir a apertura sen restricións do comercio e forzou posteriormente a firma por parte do Xapón do tratado de Kanagawa. O termo sakoku, con todo, non foi utilizado ata o século XIX. Porén a apertura iniciada en 1853, aínda era ilegal para os xaponeses abandonar o territorio do seu país ata a restauración Meiji.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para isolacionismo.

 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.