Os isoflavonoides son un tipo de compostos fenólicos flavonoides. Son compostos bioloxicamente activos, como fitoestróxenos, producidos polas plantas da familia Fabaceae.

3-fenilcromen-4-ona.
3-fenilcromán (isoflaván), o esqueleto das isoflavanas.

Os isoflavonoides son derivados da vía de biosíntese dos flavonoides a través da liquiritixenina ou narinxenina.[1]

Os pterocarpanos son derivados dos isoflavonoides.[2]

Características químicas editar

Os flavonoides (en senso estrito) teñen un esqueleto de 2-fenilcromen-4-ona, pero o esqueleto dos isoflavonoides é a 3-fenilcromen-4-ona (número CAS 574-12-9, fórmula C15H10O2) sen ningunha substitución de grupos hidroxilo na posición 2 (caso das isoflavonas), ou é o esqueleto 3-fenilcromán (isoflaván, número CAS 4737-26-2) (caso das isoflavanas, por exemplo, o equol).

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar