Ismail Qemali, nado en Vlorë o 16 de xaneiro de 1844 e finado en Bari o 24 de xaneiro de 1919, foi un líder nacionalista albanés, fundador do estado independente de Albania no ano 1912 e primeiro ministro ata o comezo da primeira guerra mundial no ano 1914.

Ismail Qemali
Nacemento16 de outubro de 1844
Lugar de nacementoVlorë
Falecemento24 de xaneiro de 1919
Lugar de falecementoPerugia
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeImperio Otomán e Albania
EtniaPobo albanés
Alma máterZosimaia School
Ocupaciónpolítico e diplomático
FillosEt'hem bej Vlora
PremiosHero of Albania
Na rede
WikiTree: Kamal-17
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado nunha familia nobre, tras cursar os estudos primarios na súa cidade natal estudou secundaria en Ioánina e trasladouse a Istambul, onde participou nos esforzos por estandarizar o idioma albanés e a creación dunha asociación cultural albanesa.

Dentro do Imperio Otomán desempeñou importantes funcións na administración. Porén as súas políticas liberais e as peticións de reformas democráticas levárono a confrontarse co círculos de poder de Istambul. A Sublime Porta condenouno a prisión, sendo indultado sete anos despois.

Foi un dos fundadores e principais figuras do Congreso Nacional Albanés, así como o pai da Declaración de Independencia de Albania e da formación dun goberno independente o 28 de novembro de 1912. De xeito simbólico o alzamento da bandeira albanesa en Vlorë por parte de Isa Boletini, Luigj Gurakuqi e o propio Qemali puxo punto final a case quiñentos anos de dominio otomán.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar