Ismail Omar Guelleh

Ismaïl Omar Guelleh, nado o 27 de novembro de 1947,[1] é o Presidente de Djibuti dende 1999. Sucedeu ó seu tío, Hassan Gouled Aptidon.

Ismail Omar Guelleh
Presidente de Djibuti
Período8 de maio de 1999 - actualidade
AntecesorHassan Gouled Aptidon
Datos persoais
Nacemento27 de novembro de 1947
 Dire Dawa
OrganizaciónRassemblement populaire pour le Progrès
CónxuxeKadra Mahamoud Haid
Profesiónex-membro da policía
RelixiónSunnismo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

O 4 de febreiro de 1999, Hassan Gouled Aptidon anunciou que non ía concorrer a outro mandato, e un congreso extraordinario do seu partido, Rassemblement populaire pour le Progrès, escolleu a Guelleh como candidato[2]. El foi electo co 74,02% dos votos en abril e asumiu o cargo o 9 de maio de 1999[3].

O outubro de 2004 novamente foi escollido como candidato. Sen opositores, foi elixido co 100% dos votos o 8 de abril de 2005. Guelleh anunciou que este será o seu último mandato[4].

Presidente de Djibuti

Segue a:
Hassan Gouled Aptidon
Ismail Omar Guelleh
(1999-presente)

Precede a:
-
Rassemblement populaire pour le Progrès

Notas editar

  1. "Biografía na páxina da presidencia.". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2008. Consultado o 27 de abril de 2009. 
  2. "Djibouti: President Gouled Aptidon to retire in April after 22 years in power", AFP (nl.newsbank.com), 4 de febreiro de 1999.
  3. "Proclamation du Président de la République de Djibouti par le Conseil Constitutionnel." Arquivado 16 de agosto de 2007 en Wayback Machine., Journal Officiel de la République de Djibouti.
  4. "Guelleh sworn in for second presidential term", IRIN, 9 de maio de 2005.