Islas Airways
Islas Líneas Aéreas foi unha aeroliña española con sede social en Puerto de la Cruz (Tenerife, Canarias) e bases de operacións nalgúns aeroportos das illas. Operaba voos regulares interinsulares nas Illas Canarias. Foi constituída en 2001 e empezou a operar en febreiro de 2003. Islas Líneas Aéreas pertencía na súa totalidade ao grupo de propietarios de Santa Bárbara Airlines (Venezuela).
Islas Airways | ||
---|---|---|
IATA IF | OACI ISW | Indicativo PINTADERA |
Fundación | 2002 | |
Inicio das operacións | 2003 | |
Fin das operacións | 16 de outubro de 2012 | |
Plan de voo frecuente | Islas Premium | |
Eslogan da compañía | Contigo. Con los tuyos | |
Sede | Santa Cruz de Tenerife | |
Páxina web: http://www.islasairways.com/ |
Posteriormente, Islas Líneas Aéreas foi propiedade do empresario da construción palmeiro Miguel Concepción a través do Grupo SOAC. No verán do 2007, Islas Airways iniciou unha importante fase de expansión das súas operacións co pedido de 8 novos ATR 72-500 e a contratación dun equipo de coñecidos executivos internacionais da aviación (Andreas Blass CEO, Rainer Uphoff CCO e Mario Goldberg COO).
Islas Líneas Aéreas operaba servizos regulares entre os aeroportos de Gran Canaria, Tenerife Sur, Tenerife Norte, Fuerteventura, Lanzarote, La Palma e El Hierro. A aeroliña cesou todas as súas operacións o 16 de outubro de 2012.
Historia editar
A aeroliña constituíuse en La Orotava o 7 de setembro de 2001 cun capital social de 70 000 €. Os accionistas iniciais da empresa eran Francisco González Yanes (tinerfeño residente en Venezuela) cun 89%, a Sociedad Canaria Americana de Inversiones cun 10% representada por Francisco Sánchez Jordán e Antonio Luis González cun 1%.
En maio de 2002 a compañía quedou inscrita na Zona Especial Canaria (ZEC) e no mes seguinte ampliouse o capital social ata os 1 080 000 €. A principios de 2003 solicitou autorización e dereitos de aterraxe e engalaxe para operar diversas rutas interinsulares, así como os códigos aeronáuticos IATA e OACI e a implementación destas rutas nos sistemas de reservas.
O 28 de marzo de 2003 iniciou a súa actividade comercial con seu primeiro voo na liña Gran Canaria-Fuerteventura operada cun ATR 72. O 15 de abril baiutizouse o seu segundo ATR 72 no aeroporto de La Palma, comezando as súas operacións ao día seguinte na ruta La Palma-Tenerife Norte.
O 20 de xuño de 2007 a aeroliña formalizou a compra de seis avións ATR 72-500 por un valor duns 110 millóns de dólares. Os aparellos serían entregados entre finais dese anos e 2009.[1]
O día 15 de outubro de 2012 a compañía publicou un comunicado anunciando o cesamento temporal de operacións de tráfico regular despois da incerteza vivida os días anteriores. Despediron os esmpregados sen recibir indemnizacións. Posteriormente a compañía intentaría, sen éxito, restablecer os voos. En xaneiro de 2014 volveu a perder a licenza de voo e defíxose da súa frota de catro avións, vendéndoos a outras compañías aéreas.
O Ministerio de Fomento acusou en 2012 a Islas Airways de fraude coas subvencións para residentes canarios.[2] O Tribunal Supremo confirmou en 2018, dentro dun expediente administrativo de reintegro da subvención que o propio Ministerio de Fomento iniciara, a sentenza de instancia que obrigaba a Islas Airways a devolver 7,5 millóns de euros, esas cantidades xa foran retidas polo ministerio polo que a sentenza non tiña xa efectos económicos.[3]
Notas editar
- ↑ elEconomista.es. "ATR vende 6 aviones 72-500 a Islas Airways por unos 110 millones de dólares - elEconomista.es" (en castelán). Consultado o 2018-12-02.
- ↑ "Islas Airways, primera en caer bajo la sombra del fraude | Noticias de Aerolíneas | Revista de turismo Preferente.com". Preferente.com (en castelán). 2012-10-16. Consultado o 2018-12-02.
- ↑ Tenerife, La Opinión de. "El Supremo confirma que Islas Airways debe devolver 7,5 millones de euros por fraude en las subvenciones". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2018. Consultado o 2018-12-02.