Isidoro Diéguez Dueñas
Isidoro Diéguez Dueñas, nado en Puertollano o 19 de xaneiro de 1909 e finado en Madrid o 21 de xaneiro de 1942, foi un político comunista español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xaneiro de 1909 Puertollano, España |
Morte | 21 de xaneiro de 1942 (33 anos) Cemiterio de La Almudena, España |
Causa da morte | Pena de morte (Ferida por arma de fogo ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Comunista de España |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Membro do Comité Provincial de Madrid do PCE dende 1936, durante a Guerra Civil participou nas frontes onde se desenvolveu a defensa de Madrid fronte ao avance das tropas do bando sublevado. Chegou a ser membro do Comité Central do PCE. Participou na Junta de Defensa de Madrid como conselleiro suplente. Ao final da guerra fuxiu de Madrid camiño de Valencia, para rematar cruzando en barco a Francia. Pasou pola Unión Soviética e Estados Unidos e rematou en México, arribando a Tamaulipas o 8 de decembro de 1939.[1] O Partido Comunista enviouno de regreso a España para participar na reconstrución interna da formación. Saíu de México destino Lisboa, chegando a Portugal no verán de 1941, en plena segunda guerra mundial. Foi detido pola ditadura portuguesa xunto a outros dirixentes comunistas españois e entregado ás autoridades españolas. Pasou polo cárcere de Porlier en Madrid, foi xulgado en consello de guerra con Jesús Larrañaga, Manuel Asarta Imaz, Jaime Girabau Estévez, Francisco Barreiro Barciela, Eladio Rodríguez González, Jesús Gago Correa e Jacinto Nogueira Nogueira e condenado a morte por "adhesión a la rebelión" e actividades contra a Lei de Seguridade do Estado, xunto con Jesús Larrañaga, Manuel Asarta, Jaime Girabau, Francisco Barreiro e Eladio Rodríguez, sendo fusilados nas inmediacións do Cemiterio de Este dous días despois do xuízo.[2]
Notas editar
- ↑ Ficha en Secretaría de Gobernación de México
- ↑ "Listado alfabético de personas fusiladas en las tapias del Cementerio del Este (1939-1945)". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2022. Consultado o 16 de febreiro de 2023.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Garai Bengoam, Juan Ramón (2008). Celestino Uriarte: clandestinidad y resistencia comunista. Madrid: Txalaparta. pp. 162 e ss. ISBN 978-84-8136-524-5.
- Estruch Tobella, Joan (1998). El PCE en la clandestinidad. 1939-1956. Madrid: Siglo XXI. ISBN 84-932232-8-X.
Ligazóns externas editar
- Ficha en Memoria Pública
- Большая советская энциклопедия, (referencia en ruso na páxina slovari de Romanía).