Isidor Isaac Rabi

físico estadounidense

Isidor Isaac Rabi, nado en Rymanów en 1898 e finado en Nova York en 1988, foi un físico estadounidense de orixe austríaca. Recibiu o Premio Nobel de Física en 1944.

Infotaula de personaIsidor Isaac Rabi

Isidor Isaac Rabi
Nome orixinal(en) Isidor Isaac Rabi Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xullo de 1898
Rymanów, Polonia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xaneiro de 1988 (89 anos)
Nova York, Estados Unidos
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense e polaca
Relixiónxudía
EducaciónUniversidade de Columbia
Director de teseAlbert Potter Wills (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballofísica nuclear
Ocupaciónfísico , profesor universitario , científico nuclear , físico teórico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Columbia
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
Participou en
1939Proxecto Manhattan Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoNorman Foster Ramsey, Julian Schwinger, Martin Lewis Perl, Harold Brown (pt) Traducir, Gabriel Weinreich (en) Traducir, Donald Ross Hamilton (en) Traducir, Lloyd Motz (pt) Traducir, Ze’ev Lev (en) Traducir, William Nierenberg (pt) Traducir e Peter Buck (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHelen Newmark (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Nobel de Física o 1944
Sinatura

Musicbrainz: b66b8b28-b7a8-4722-b819-05706df47275 WikiTree: Rabi-3 Find a Grave: 88152299 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu o 29 de xullo de 1898 en Rymanów (Polonia), daquela parte do Imperio Austrohúngaro, no seo dunha familia xudía, ao ano seguinte do seu nacemento, os seus pais instaláronse en Nova York.

En 1927 doutorouse na Universidade de Columbia cun traballo sobre as propiedades magnéticas dos cristais. En 1929 comeza a traballar nesta Universidade, na que empeza a exercer como profesor de Física en 1937.

A comezos da década dos 30, comeza a traballar no campo da Física nuclear nun proxecto de investigación dos efectos dos campos magnéticos externos sobre o núcleo das partículas, desenvolvendo o método de resonancia magnética que permite o estudo das propiedades magnéticas e a estrutura interna das moléculas, os átomos e os núcleos. A partir destes estudos desenvolvéronse aplicacións como o láser, o máser, o reloxo nuclear ou a resonancia magnética utilizada nos diagnósticos médicos.

Desde 1940 a 1945 traballou como Director Asociado do Laboratorio de Radiación no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) no desenvolvemento de radar. Finalizado este período regresou o departamento de física da Universidade de Columbia.

En 1944 recibiu o Premio Nobel de Física polo descubrimento do método de resonancia grazas ao que é posible verificar o rexistro das propiedades magnéticas dos átomos.

Foi membro da Comisión da Enerxía Atómica dos Estados Unidos desde 1946 ata 1956. Tamén foi un dos fundadores do Laboratorio Brookhaven e da organización coñecida como CERN.

Escribiu o libro O meu tempo e a miña vida como físico 1960.

Morreu o 11 de xaneiro de 1988 en Nova York.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar