Isidis Planitia é unha gran planicie orixinada a través dun impacto dun meteorito preto do ecuador marciano; está encaixada entre Utopia Planitia, que queda ó norte de Isidis, ó seu oeste está Terra Sabaea, ó sur Terra Tyrrhena e cara ó leste de Isisdis atópase Terra Cimmeria, todas elas Terras Altas agás Utopia; as súas coordenadas centrais son 13,94° N 88,38° E.[1] É a segunda cunca de impacto máis grande do planeta, por detrás de Hellas e por diante de Argyre (que ten un diámetro medio duns 900 kms[2]) e mentres que non se certifique que tanto a Cunca do Polo Norte, coma Utopia Planitia se xeraron a partir dun impacto. Debido ó po, vese brillante a través dos telescopios, e na era anterior as sondas espaciais, foi clasificada coma un accidente xeolóxico de albedo e chamada Isidis Regio.

Isidis Planitia
Mapa topográfico de Isidis Planitia.
Tipo de accidente xeolóxico Planitia
Rexión de Marte
Diámetro medio 1.224,58 km[1]
Altitude ?
Coordenadas 13,94° N 88,38° E[1]
Procedencia do nome nome dun antigo accidente xeolóxico.[1]

Tíñase previsto que a Beagle 2 aterrase na parte occidental de Isidis en decembro do ano 2003, pero perdeuse o contacto coa sonda. Xusto á oeste de Isidis está Syrtis Major Planum (dentro de Terra Sabaea), un volcán de escudo cun relevo extremadamente baixo, ademais de ser unha área cun albedo moi escuro que se formou con posterioridade ó nacemento da planitia.[3]

A MRO atopou ó redor da planitia, carbonato de magnesio. Este mineral indica que a auga estivo presente na superficie da planitia e que non era ácida. Cabería a posibilidade de que nun pasado remoto se tivese formado a vida en Isidis.[4]

O nome de Isidis retrotráenos a Isidis Regio (A rexíón de "Isis"). Isis era a deusa da fertilidade no Antigo Exipto.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Planetary Names: Planitia, planitiae: Isidis Planitia on Mars". Consultado o 04-04-2012. 
  2. "Planetary Names: Planitia, planitiae: Argyre Planitia on Mars". Consultado o 04-04-2012. 
  3. Hiesinger, H.; Head (publications), J. W.; (08-01-2004). "The Syrtis Major volcanic province, Mars: Synthesis from Mars Global Surveyor data" (PDF). Journal of Geophysical Research 109 (E1): E01004. Bibcode:2004JGRE..10901004H. doi:10.1029/2003JE002143. E01004. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08-02-2012. Consultado o 04-04-2012. 
  4. Murchie, S. et al. 2009. A synthesis of Martian aqueous mineralogy after 1 Mars year of observations from the Mars Reconnaissance Orbiter. Journal of Geophysical Research: 114.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar