Isi Gómez

futbolista español

Isaac Gómez Sánchez, coñecido como Isi, nado en Madrid o 28 de outubro de 1995, é un futbolista español, que xoga de centrocampista. Dende 2023 milita no Murcia, da Primeira División RFEF.

Isi
Información persoal
Nome Isaac Gómez Sánchez
Nacemento 28 de outubro de 1995
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,71 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Murcia
Número 7
Carreira xuvenil
2004–2008 Atlético de Madrid
2008–2013 Rayo Vallecano
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013 Rayo Vallecano 1 (0)
2013–2016 Rayo Vallecano B 52 (5)
2016–2017 Fuenlabrada 21 (0)
2017–2020 Granada B 72 (3)
2020–2021 Melilla 17 (1)
2021–2022 Badajoz 30 (0)
2022–2023 Deportivo da Coruña 29 (0)
2023– Murcia 8 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 25 de outubro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo do tamén futbolista Sito Gómez, formouse nas canteiras do Atlético de Madrid e do Rayo Vallecano. O 17 de marzo de 2013, aínda en idade xuvenil e sen ter xogado nin sequera co filial, debutou co primeiro equipo do Rayo na Primeira División, da man do adestrador Paco Jémez. Foi nun partido ante o FC Barcelona no Camp Nou, no que saltou ao campo no minuto 83 como substituto do Chori Domínguez. Converteuse así no xogador máis novo na historia do club en debutar en partido oficial, con 17 anos e 140 días, rebaixando en máis de 3 meses a anterior marca de Fernando Marqués.[1]

Na tempada 2013/14 pasou a xogar co filial, o Rayo Vallecano B, na Terceira División, e logrou o ascenso á Segunda División B. Militou dous anos máis no equipo de Vallecas, ata 2016, cando abandonou o club despois de oito anos na súa disciplina.

Fichou entón polo Fuenlabrada, de Segunda B,[2] co que disputou 21 partidos, 11 deles como titular, e co que xogou a promoción de ascenso a Segunda División.

En 2017 fichou polo Granada B, onde xogou durante tres tempadas, todas elas na Segunda B. Disputou co equipo un total de 72 partidos, 64 deles como titular, e marcou 3 goles. Na tempada 2020/21 fichou pola UD Melilla, tamén de Segunda B, co que disputou 17 partidos.[3] En xuño de 2021 fichou polo Badajoz, da Primeira División RFEF,[4] equipo no que permaneceu unha tempada, sendo titular na maioría de partidos.

O 27 de xuño de 2022 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña, tamén da Primeira RFEF.[5] Lastrado polas lesións, non conseguiu ter continuidade no club galego, co que disputou un total de 29 partidos, incluídos dous da promoción de ascenso a Segunda.[6] O seu contrato foi rescindido en agosto e o xogador asinou co Murcia, da mesma categoría.[7]

Vida persoal editar

É curmán segundo de Adrián Embarba, futbolista do Espanyol, da Primeira División.[8]

Notas editar

  1. "Isi, debutante más joven en Primera con el Rayo Vallecano". Marca (en castelán). 17 de marzo de 2013. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  2. "Isi, promesa rayista, ficha por el Fuenlabrada" (en castelán). 11 de agosto de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  3. "Isi ficha por el Melilla" (en castelán). 26 de novembro de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  4. "Isi Gómez, primer fichaje del Badajoz" (en castelán). 5 de xullo de 2021. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  5. "Isi Gómez, novo xogador do Dépor 22-23". Deportivo da Coruña. 27 de xuño de 2022. Consultado o 28 de xuño de 2022. 
  6. "El Deportivo rescinde el contrato de Isi Gómez" (en castelán). 31 de agosto de 2023. Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  7. "Isi Gómez cambia de grupo y firma por el Murcia" (en castelán). 1 de setembro de 2023. Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  8. Fernández, Menchu (29 de xullo de 2014). "Isi y Adrián Embarba son los primos del Rayo Vallecano". As (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar