Isabel de Gloucester

Isabel de Gloucester, nada cara ao 1173 e finada o 14 de outubro de 1217, foi unha nobre inglesa que casou co príncipe Xoán de Inglaterra antes do seu ascenso ao trono.

Infotaula de personaIsabel de Gloucester
Biografía
Nacementoséculo XII Editar o valor em Wikidata
Morte14 de outubro de 1217 Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Canterbury Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloCondesa Editar o valor em Wikidata
CónxuxeHubert de Burgh, 1st Earl of Kent (1217, 1217 (Gregoriano)–1217)
Geoffrey FitzGeoffrey de Mandeville, 2nd Earl of Essex (1214, 1214 (Gregoriano)–1216)
Xoán I de Inglaterra (1189, 1189 (Gregoriano)–1199)
PaisWilliam Fitz Robert, 2nd Earl of Gloucester (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Hawise de Beaumont (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAmicia FitzWilliam (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: FitzWilliam-517

Liñaxe editar

Isabel era filla de William Fitz Robert, e a súa esposa Hawise. O seu avó paterno, Robert, 1º Conde de Gloucester, era o fillo ilexítimo do rei Henrique I. O seu pai morreu en 1183, momento en que ela se tornou Condesa de Gloucester suo jure.

Matrimonio e anulación editar

O 28 de setembro de 1176, o rei Henrique II noiva a Isabel co seu fillo máis novo, Xoán sen Terra.[1][2] Xoán e Isabel eran medio curmáns segundos por ser bisnetos de Henrique I, e por tanto a súa unión estaba prohibida por mor dos graos de consanguinidade. No acordo da voda, o rei accedeu a atopar o mellor home posible para Isabel se o papa se negaba a conceder unha dispensa para o matrimonio. Henrique tamén declarou a Isabel a único herdeira de Gloucester, desherdando as súas dúas irmás.

O 29 de agosto de 1189, Xoán e Isabel casaron no castelo de Marlborough, en Wiltshire, e Xoán asumiu o título de Xoán de Gloucester de pleno dereito.[3] Balduíno o arcebispo de Canterbury, declarou o matrimonio nulo por razón de consanguinidade e puxo as súas terras baixo interdito. O interdito quedou levantado polo papa Clemente III, quen concedeu á parella unha dispensa para casar, pero prohibiulles manter relacións sexuais.

Pouco despois de que Xoán subira ao trono en 1199, e antes de finais de agosto, obtivo unha anulación do matrimonio. A anulación foi concedida en razón do consanguinidade, polos bispos de Lisieux, Bayeux, e Avranches, sentado en Normandía.[4] Xoán, con todo mantivo as súas terras, e Isabel non contestou á anulación.

Condado de Gloucester editar

Trala anulación, Xoán concedeu o título de conde de Gloucester ao sobriño de Isabel, Amaury.  Isto compensou a Amaury pola perda dos seus títulos franceses, que perdeu polo Tratado de Le Goulet. Trala súa morte sen descendentes en 1213, Isabel, recuperou o título de Condesa de Gloucester.[2]

Outros matrimonios editar

Isabel casou con Geoffrey FitzGeoffrey de Mandeville, o 20 de xaneiro de 1214. El morreu en 1216.[2] Un ano despois Isabel casou Hubert de Burgh, máis tarde nomeado justiciar de Inglaterra, en setembro de 1217.[2]

Morte e enterro editar

Isabel morreu só un mes despois de que o seu terceiro matrimonio, probablemente na abadía de Keynsham en Somerset, que foi fundada polo seu pai, e foi soterrada na Catedral de Canterbury.[2]

Notas editar

  1. Weir 1999, p. 218.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Robert B. Patterson, 'Isabella, suo xure condesa de Gloucester (c.1160-1217)', Oxford Dicionario da Biografía Nacional, Oxford University Press, Setembro 2004; en liña edn, Outubro 2005 acceder 24 de Novembro de 2006
  3. Weir 1999, p. 252.
  4. Weir 1999, p. 319.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar