Isabel López Lajas

escritora española

Isabel López Lajas, nada en Valverde do Fresno, Estremadura, en 1884 e finada en 1967[1], foi unha escritora en galego de Estremadura.

Infotaula de personaIsabel López Lajas
Biografía
Nacemento1884 Editar o valor em Wikidata
Morte1967 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou no colexio do seu concello natal e cando rematou a escola primaria non continuou cos estudos, pero continuou lendo, e as lecturas de Rosalía de Castro fixéronlle identificar a súa lingua coa da escritora galega.[1]

Persoa moi relixiosa, estableceu unha escola dominical para aprenderlles a ler e escribir ás rapazas da zona, que co tempo ampliou ós rapaces e a todos os días da semana.[1] Nesa escola organizou un grupo de teatro, para o que escribiu sainetes en valverdeiro de contido moralizante que se representaron entre a Segunda República Española e os anos 1950.[1][2] Foron os primeiros textos escritos en valverdeiro.[2] 1998 Xosé Henrique Costas publicou seis destes sainetes.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Fontán, Sara (27 de maio de 2013). "Isabel López Lajas i u teatru (en) valverdeiru". Sierra de Gata Digital. Consultado o 14 de abril de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Costas González, Xose Enrique (1999). "Valverdiano, lagarteiro e mañego". En Fernández Rey, Francisco; Santamarina, Antón. Estudios de sociolingüística románica : linguas e variedades minorizadas. [Santiago de Compostela]: Universidade de Santaigo de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. pp. 86–103. ISBN 9788481217728. OCLC 42932999. 
  3. López Lajas, Isabel (1998). Seis sainetes valverdeiros (1ª ed ed.). [Santiago de Compostela]: Positivas. ISBN 9788487783487. OCLC 432993852.