Irmgard Flügge-Lotz

matemática alemá

Irmgard Flügge-Lotz, nada en Hamelin (Alemaña) o 16 de xullo de 1903[1] e finada en Stanford o 22 de maio de 1974, foi unha matemática e enxeñeira alemá, coñecida polo seu traballo en matemática da aerodinámica, e por ser a primeira muller enxeñeira profesora na Universidade Stanford.

Infotaula de personaIrmgard Flügge-Lotz
Nome orixinal(de) Irmgard Lotz Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Irmgard Wilhelmine Dorette Lotz Editar o valor em Wikidata
16 de xullo de 1903 Editar o valor em Wikidata
Hameln (Imperio Alemán) Editar o valor em Wikidata
Morte22 de maio de 1974 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Stanford, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Hanover (pt) Traducir (1923–1929) Editar o valor em Wikidata
Tese académicaDie Erwärmung des Stempels beim Stauchvorgang (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1929 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseAlbert Betz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemática , enxeñeira , Enxeñeiro de aviación , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Stanford (1948–1968)
Office national d'études et de recherches aérospatiales (pt) Traducir (1945–1948)
Deutsches Zentrum für Luft-und Raumfahrt (1938–1945)
Universidade de Gotinga (1929–1938) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoTorstein Kjell Fanneløp (en) Traducir, D. R. Ingwerson (en) Traducir, Tomoo Ishikawa (en) Traducir, Herbert Diehl Marbach (en) Traducir, Harold Arthur Titus (en) Traducir, Mih Yin (en) Traducir, Michael D. Maltz (en) Traducir, Yasutada Kashiwagi (en) Traducir e John E. Kaiser (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeWilhelm Flügge
Premios

Find a Grave: 33949393 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Irmgard Lotz naceu en Alemaña.[2] Despois de que o seu pai, Osark, xornalista, fose recrutado para servizo militar na Primeira Guerra mundial, a moza Irmgard axudou á familia exercendo de profesora.[3] Durante algún tempo, practicamente foi ela o soporte da familia. Estudou matemáticas aplicadas na Universidade Técnica de Hannover, diplomándose en 1927. Na universidade era a miúdo a única muller da súa clase. En 1929 obtivo o doutoramento en enxeñaría cunha tese sobre teoría matemática da condución de calor en cilindros circulares.

Lotz traballou no Instituto de Aerodinámica de Göttingen, xunto con Ludwig Prandlt e Albert Betz. Foi entón cando desenvolveu o "Método Lotz" para calcular a distribución da carga nas ás dun avión, técnica estándar utilizada aínda hoxe en día.[4][5] En 1938, casou con Wilhelm Flügge, un enxeñeiro civil, e a parella trasladouse a Berlín, onde Flügge-Lotz traballou como consultora sobre Aerodinámica e Dinámica de voos. En 1947, a parella traballou en ONERA (Oficina Nacional de Estudos e Investigación Aeronáutica), en París, onde Imrgard dirixiu un equipo de investigación aerodinámica até o ano 1948, en que Irmgard publicou a súa teoría do control automático, a aerodinámica e os problemas derivados da velocidade dos avións.

En 1948 trasladáronse á Universidade de Stanford, onde en 1961 Irmgard Flügge-Lotz converteuse na primeira profesora de enxeñaría a tempo completo da universidade.

En 1970, foi galardoada co "Premio ao logro" da Asociación de Mulleres Enxeñeiras. Tamén foi a primeira muller membro do Instituto Americano de Aeronáutica e Astronáutica, e en 1971 foi a primeira muller en ser seleccionada para dar a prestixiosa conferencia Von Karman. Aínda que se retirou en 1968, continuou a súa investigación en control por satélites, transferencia de calor e arrastre de vehículos a grandes velocidades.[5]

Flügge-Lotz morreu no Hospital de Stanford o 22 de maio de 1974, deixando máis de cincuenta artigos técnicos publicados.[2]

Traballos editar

  • Die Erwärmung deas Stempels beim Stauchvorgang, Dissertation TH Hannover 1929
  • Discontinuous Automatic Control, Princeton University Press 1953[6]
  • Discontinuous and Optimal Control, McGraw Hill 1968

Notas editar

  1. "Imgard Flügge-Lotz". urv.cat (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 26-03-2020. Consultado o 11-4-2020. 
  2. 2,0 2,1 "Irmgard Flügge-Lotz" (PDF). Stanford University. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 06 de xullo de 2010. Consultado o 24 de novembro de 2009. 
  3. Cooper, Julie; Banderas, Maria (maio de 1977). "Irmgard Flugge-Lotz". Agnes Scott College. Consultado o 24 de novembro de 2009. 
  4. "Mulleres nas bibliotecas da UDC" (PDF). Universidade da Coruña. Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 Claramunt Vallespí, Rosa; Claramunt Vallespí, Teresa (2012). MUJERES EN CIENCIA Y TECNOLOGIA. UNED. ISBN 9788436264210. 
  6. Bellman, R. (1954). "Review: Discontinuous automatic control, by I. Flügge-Lotz" 60 (4). doi:10.1090/s0002-9904-1954-09831-2. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar