Irmandade de San Marcos

A Irmandade de San Marcos ou como se coñece en alemán Marxbrüder (Irmáns Marx) foi a máis importante organización de esgrimistas alemáns do século XVI.

Escudo da Irmandade

Historia editar

A irmandade orixinouse no século XV, descoñecéndose a data exacta da súa fundación, a presenza do león de San Marcos no escudo de armas de Hans Talhoffer nun manuscrito de 1459 levou a especular sobre se el sería un dos seus fundadores pero a primeira mención certa data de 1474. O grupo celebraba unha xuntanza anual en Frankfurt, para elixir o seu capitán (Hauptmann). En 1487, Frederico III concedeulle o monopolio do título de mestre de espada longa" (Meister des langen Schwerts), o que supuxo o seu recoñecemento efectivo como o gremio dos esgrimistas. Este título foi relevante para os Landsknecht (soldados mercenarios), xa que os certificaba como capaces de levar un tipo de espada coñecido como Zweihänder que lles permitía recibir o dobre da paga normal.

A máis antiga referencia da Irmandade denomínaa bruderschafft Unserere lieben frawen und der reynen Jungfrawen Marien vnd des Heiligen vnd gewaltsamen Hyemelfursten sanct Marcen (Irmandade da nosa querida e pura virxe María e o santo e guerreiro príncipe San Marcos) e despois do seu recoñecemento por Frederico denominouse habitualmente como "Marxbrüder", "Bruderschaft des heiligen Marren" ou "Bruderschaft des St. Markus" ("Irmáns Marx", "Irmandade de San Marcos").

Unha segunda irmandade de esgrimistas, a Federfechter, fundada en Praga en 1570 foi recoñecida pola cidade de Frankfurt pese ás protestas da Irmandade de San Marcos, en 1575. Desde 1607 as dúas sociedades compartiron os mesmos privilexios despois que recibise a primeira carta de privilexio do emperador Rodolfo II.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar