Dame Jean Iris Murdoch, nada en Dublín o 15 de xullo de 1919 e finada en Oxford o 8 de febreiro de 1999, foi unha escritora e filósofa irlandesa, coñecida polas súas novelas en que combina unha rica caracterización con animados argumentos, incluíndo, polo xeral, temas de índole moral ou sexual.[1][2]

Infotaula de personaIris Murdoch

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Jean Iris Murdoch Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1919 Editar o valor em Wikidata
Dublín, Irlanda Editar o valor em Wikidata
Morte8 de febreiro de 1999 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Oxford (Reino Unido) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Alzhéimer Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónBadminton School (en) Traducir
Newnham College (en) Traducir
Somerville College
Ibstock Place School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , biógrafa , profesora , prosista , filósofa , novelista , escritora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1953 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Oxford
St Anne's College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJohn Bayley
Premios

IMDB: nm0613755 IBDB: 6446
Musicbrainz: f4958f9e-2ec7-41a9-b6d7-db6f2d4ef22f WikiTree: Murdoch-1169 Find a Grave: 7253046 Editar o valor em Wikidata

A súa primeira novela publicada Under the Net foi seleccionada en 2001 pola editorial Modern Library como unha das 100 mellores novelas en lingua inglesa do século XX.[3] En 2005, a novela foi escollida pola revista Time como unha das cen mellores novelas en inglés dende 1923.[4]

En 1987, foi nomerada Dama Comandante da Orde do Imperio Británico (DBE).

Traxectoria editar

Murdoch naceu en Blessington Street 59 en Dublín. O seu pai, Wills John Hughes Murdoch, proviña dunha familia de granxeiros presbiterianos de Hillhall, (Condado de Down, preto de Belfast), e a súa nai, Irene Alice Richardson (1899–1985)[5] que se preparara como cantante dende nena, pertencía a unha familia anglicana de clase media de Dublín membro da Igrexa Anglicana de Irlanda.

Cando era moi nova, os pais de Murdoch mudáronse a Londres, onde o seu pai traballou como empregado do Ministerio de Saúde.[6] Murdoch foi educada en escolas progresistas: primeiro en Froeble Demonstration School e despois en Badminton School (Bristol) en 1932.

Comezou a estudar clásicos, historia antiga e filosofía no Somerville College,[7] de Oxford. Recibiu un grao con honra de primeira clase en 1942.[8] Tras deixar Oxford pasou a traballar a Londres para HM Treasury. En xuño de 1944 deixou a Treasury e pasou a traballar para UNRRA. Ao principio estivo en Londres na Oficina Rexional Europea da axencia, mais en 1945 foi enviada primeiro a Bruxelas, logo a Innsbruck, e finalmente a Graz, onde traballou nun campo de refuxiados. Deixou a UNRRA en 1946.[9]

Entre 1947 e 1948 estudou filosofía como posgraduada no Newnham College de Cambridge. Coñeceu a Wittgenstein en Cambridge, mais non o tivo como profesor, pois xa deixara o Trinity College antes de que ela chegase.[9] En 1948, converteuse en profesora do St Anne's College, de Oxford, onde deu clases de filosofía ata 1963.

En 1954 escribiu a súa primeira novela, Under the Net, mais xa publicara previamente ensaios sobre filosofía, incluído o primeiro estudo en inglés sobre Jean-Paul Sartre. Dous anos máis tarde coñeceu e casou con John Bayley (1925-2015), profesor de literatura inglesa e tamén escritor. O inhabitual matrimonio durou corenta e cinco anos, e Bayley coidouna ata os seus últimos días. Bailey pensaba que o sexo era "ineludibelmente ridículo". Murdoch, pola contra, tivo "múltiples relacións con homes e mulleres das que, en turbias ocasións, [Bailey] era testemuña el mesmo".[10][11]

Iris publicou vinte e cinco novelas máis e outros traballos sobre filosofía e drama ata 1995, ano en que comezou a padecer os efectos do alzhéimer, que ao principio atribuíu a «bloqueo de escritor». Faleceu en 1999, aos setenta e nove anos. Bayley volveu casar dous anos despois.[12]

Obras editar

Novelas
Relatos
  • Something Special (1957)
Filosofía
Teatro
Coleccións de poesía

Fonte : Centre for Iris Murdoch Studies, Faculty of Arts and Social Sciences Kingston University

Notas editar

  1. Artículo sobre Iris Murdoch en www.nytimes.com (en inglés)
  2. Jaume, A. (2019). "La más lista de Oxford". El País, sábado, 9 de marzo, suplemento Babelia, pp. 2-3. (Consultado o 9 de marzo de 2019)
  3. "100 Best Novels". www.modernlibrary.com. Consultado o 8 de marzo de 2019. 
  4. Lacayo, Richard. "All-TIME 100 Novels". Time (en inglés). ISSN 0040-781X. 
  5. Meyers, Jeffrey (2013). Remembering Iris Murdoch: Letters and Interviews. Nova York: Palgrave Macmillan. ISBN 9781137352415. Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2018. Consultado o 1 de xuño de 2015. 
  6. Wilson, A. N. (2003). Iris Murdoch as I knew her. Londres: Hutchinson. ISBN 9780091742461. 
  7. Susan, Brown; Patricia, Clements; Isobel, Grundy. "Iris Murdoch". Orlando: Women's Writing in the British Isles from the Beginnings to the Present. Cambridge University Press. Consultado o 15 de outubro de 2018. 
  8. Somerville College. "Iris Murdoch". Somerville Stories. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2012. Consultado o 27 de xuño de 2012. 
  9. 9,0 9,1 Conradi, Peter J. (2001). Iris Murdoch : A Life. Nova York: Norton. ISBN 0393048756. 
  10. Ann Wroe (31 de xaneiro de 2015). "Of literature and love". The Economist. Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2015. Consultado o 15 de febreiro de 2015. Sex did not feature much... 
  11. Archer, Graeme (23 de xaneiro de 2015). "The secrets of Iris Murdoch and John Bayley's unconventional marriage". The Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2015. Consultado o 3 de marzo de 2015. 
  12. Adams, Tim (18 de marzo de 2001). "Interview: John Bayley". The Observer (en inglés). ISSN 0029-7712. Consultado o 8 de marzo de 2019. 
  13. Murdoch, Iris (1989). The servants and the snow; The three arrows; The black prince : three plays. Londres: Chatto & Windus. p. 302. ISBN 9780701135904. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Antonaccio, Maria (2000) Picturing the human: the moral thought of Iris Murdoch OUP. ISBN 0-19-516660-4
  • Bayley, John (1999) Elegy for Iris. Picador. ISBN 0-312-25382-6
  • Bayley, John (1998) Iris: A Memoir of Iris Murdoch. Gerald Duckworth & Co. Ltd. ISBN 0-7156-2848-8
  • Bayley, John (1999) Iris and Her Friends: A Memoir of Memory and Desire. W. W. Norton & Company ISBN 0-393-32079-0
  • Bove, Cheryl (1993) Understanding Iris Murdoch. Columbia, University of South Carolina Press. ISBN 087249876X.
  • Byatt. A.S. (1965) Degrees of Freedom: The Early Novels of Iris Murdoch. Chatto & Windus
  • Conradi, P.J. (2001) Iris Murdoch: A Life. W. W. Norton & Company ISBN 0-393-04875-6
  • Conradi, P.J. (foreword by John Bayley) The Saint and the Artist. Macmillan 1986, HarperCollins 2001 ISBN 0-00-712019-2
  • de Melo Araújo, Sofia & Vieira, Fátima (ed.) (2011) Iris Murdoch, Philosopher Meets Novelist. Cambridge Scholars Publishing. ISBN 1-4438-2883-1
  • Dooley, Gillian (ed.) (2003) From a Tiny Corner in the House of Fiction: Conversations With Iris Murdoch. Columbia, University of South Carolina Press ISBN 1-57003-499-0
  • Laverty, Megan (2007) Iris Murdoch's Ethics: A Consideration of Her Romantic Vision. Continuum Press ISBN 0-8264-8535-9
  • Martens, Paul. (2012) "Iris Murdoch: Kierkegaard as Existentialist, Romantic, Hegelian, and Problematically Religious" in Kierkegaard's Influence on Philosophy. Ashgate Publishing. ISBN 978-140-944055-0.
  • Mauri, Margarita (ed.) (2014). Ética y literatura. Cinco novelas de Iris Murdoch. Kit-book. ISBN 978-84-942067-2-6.
  • Monteleone, Ester (2012) Il Bene, l'individuo, la virtù. La filosofia morale di Iris Murdoch. Rome, Armando Editore. ISBN 978-88-6677-087-9
  • Morgan, David (2010) With Love and Rage: A Friendship with Iris Murdoch. Kingston University Press. ISBN 9781899999422
  • Widdows, Heather (2005) The Moral Vision of Iris Murdoch. Ashgate Press ISBN 0-7546-3625-9
  • Wilson, A.N. (2003) Iris Murdoch as I Knew Her. Londres, Hutchinson. ISBN 9780091742461
  • Zuba, Sonja (2009) Iris Murdoch's Contemporary Retrieval of Plato: The Influence of an Ancient Philosopher on a Modern Novelist. Nova York, Edwin Mellen Press. ISBN 9780773438248

Ligazóns externas editar