O iris, en anatomía, é a membrana coloreada e circular do ollo que separa a cámara anterior da cámara posterior.

O iris.

Características editar

Posúe unha apertura central de tamaño variábel que comunica as dúas cámaras: a pupila. Corresponde á porción máis anterior da túnica vascular, a cal forma un diafragma contráctil diante do cristalino. O iris é a zona coloreada do ollo, xa sexa azul, verde, marrón ou doutra cor calquera. No seu centro atópase a pupila ou meniña do ollo, de cor negra; a zona branca que se encontra arredor denomínase esclerótica.

Está situado trala córnea, entre a cámara anterior e o cristalino, ao que cobre en maior ou menor medida segundo a súa dilatación.

Función editar

O iris está constantemente activo, permitindo á pupila dilatarse (midríase) ou contraerse (miose), segundo a intensidade da fonte luminosa, co fin de regular a cantidade de luz que chega á retina.

As fibras musculares do iris agrúpanse formando dous músculos: o dilatador da pupila e o esfínter do iris, que a contrae.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar