Iphigenia (filme)

filme de 1977 dirixido por Michael Cacoyannis

Iphigenia (en grego: Ιφιγένεια) é un filme grego de 1977 dirixido por Michael Cacoyannis e baseado no mito grego de Ifixenia, a filla de Agamenón e Clitemnestra, a cal ten que ser sacrificada para aplacar a ira da deusa Artemisa. Cacoyannis adaptou o filme, o terceiro na súa triloxía de "traxedia grega" (despois de Electra en 1962 e Troades en 1971), a partir da obra de Eurípides Ifixenia en Áulide. O filme está protagonizado por Tatiana Papamoschou como Ifixenia, Kostas Kazakos como Agamenón e Irene Papas como Clitemnestra. A banda sonora foi composta por Mikis Theodorakis.

Iphigenia
Ficha técnica
Título orixinalΙφιγένεια
DirectorMichael Cacoyannis
ProdutorMichael Cacoyannis
GuiónMichael Cacoyannis
Baseado enObra de Eurípides
MúsicaMikis Theodorakis
FotografíaGiorgos Arvanitis
MontaxeTakis Yanopoulos
EstudioGreek Film Center
DistribuidoraCinema V (USA)
Estrea1977
Duración127 minutos
OrixeGrecia Grecia
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0076208 Filmaffinity: 453999 Allocine: 12086 Rottentomatoes: m/iphigenia Allmovie: v63604 TCM: 79388 TV.com: movies/iphigenia Netlix: 60010496Editar o valor em Wikidata

Iphigenia foi nomeado ao Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 50ª edición dos premios.[1] Tamén estivo nomeado á Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1977.[2]

Personaxes editar

Notas editar

  1. "The 50th Academy Awards (1978) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 2012-06-16. 
  2. "Festival de Cannes: Iphigenia". festival-cannes.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2012. Consultado o 2009-05-10. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar