Ipecac Recordings

selo discográfico estadounidense

Ipecac Recordings é unha discográfica independente estadounidense que ten a súa sede en Orinda, unha vila do condado de Contra Costa, en California. Fundárona o 1 de abril de 1999 Greg Werckman, que traballara antes en Alternative Tentacles, Mercury Records e Pick-A-Winner Management, e Mike Patton (Faith No More, Fantômas). A súa sede primeira estivo en Alameda.

Ipecac Recordings
Fundado en1 de abril de 1999
FundadorMike Patton, Greg Werckman
DistribuidorasSouthern Records
Fontana Distribution
OrixeEstados Unidos
LocalizaciónCalifornia
http://www.ipecac.com/

Orixinalmente o selo creárono para o único propósito de editar o primeiro álbum de Fantômas, mais despois transformouse para distribuír outros artistas coma The Melvins, Isis e outros dos proxectos e colaboracións de Patton. Ipecac distínguese da maioría dos selos (incluídos os independentes) pola súa política de asinar coas bandas contratos por un único álbum.

O nome do selo vén do xarope de ipecacuaña (ipecac en inglés), unha menciña con propiedades eméticas (que provocan o gómito). O seu lema é "Ipecac Recordings, facendo trousar a xente desde 1999" (Ipecac Recordings - Making People Sick Since 1999).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar