Invasión celta dos Balcáns

Denomínase Invasión celta dos Balcáns á emigración masiva de grupos de tribos célticas da Cultura de La Tène, en dirección sueste cara á Península dos Balcáns, a partir do século -IV. Aínda que os asentamentos celtas concentráronse na metade occidental da Chaira panónica (na conca dos Cárpatos) houbo incursións e asentamentos notables dentro da península balcánica.

Emigración céltica polos Balcáns até Asia Menor.

A partir das súas novas bases no norte de Iliria e Pannonia, as invasións galas culminaron no século -III coa invasión de Grecia, Macedonia e Tracia. A invasión de Grecia no ano -279 foi precedida por unha serie de campañas militares dirixidas cara ao sur dos Balcáns e contra o Reino de Macedonia, favorecido polo estado de confusión que seguiu a partir da complexa sucesión de Alexandre o Grande. Unha parte da invasión cruzou Anatolia e acabaron por instalarse na zona que despois veu a ser chamada Galacia.

Asentamento no sueste de Europa editar

 
A cabeza dun gálata, representada nun tracio de ouro, século -III.

Dende o século -IV, grupos de celtas entraron na rexión dos Cárpatos e da chaira do Danubio, coincidindo coa migración á Península Itálica. Os Boios e os Volcae foron dúas grandes confederacións célticas que xeralmente cooperaron nas súas campañas. Grupos disidentes marcharon cara ao sur a través de dúas vías principais: unha seguindo o río Danubio e outra cara ao leste de Italia. Segundo as lendas 300.000 celtas trasladáronse cara a Italia e Iliria.[1] No século -III, os habitantes nativos de Pannonia foron case completamente celtizados.[2] Restos da cultura de La Téne foron atopados amplamente Pannonia, pero os que se atoparon atópase cara ao oeste, alén do río Tisza e cara ao sur, alén do río Sava son moi escasos.[2] Estes achados son considerados como produtos pola cultura local Norica-Pannonia, unha variación da cultura celta. As fértiles terras arredor dos ríos de Pannonian permitiron ós celtas establecerse de forma doada, desenvolver a súa agricultura e cerámica, e ó mesmo tempo explorar as ricas minas da Eslovenia moderna. Así, semella que os celtas crearon unha nova patria para si no sueste de Europa, concentrada nunha rexión que se estendía dende Viena ata o río Tisza.

Primeiras expedicións editar

A situación política do norte dos Balcáns era un fluxo constante, con varias tribos dominantes que gobernaban sobre os seus veciños. Esas tribos realizaban expedicións militares, e eran "unha clase guerreira emprendedora e móbil capaz, de cando en vez, de conquistar grandes áreas e asoballar a súa poboación"[2]. A situación política nos Balcáns durante o século -IV xogou a favor dos celtas. Os ilirios foran guerrear contra os gregos, deixando o seu franco occidental feble. Mentres Alexandre o Grande dominaba Grecia, os celtas non se atreveron atacar a zona sur preto de Grecia. Polo tanto, as primeiras expedicións celtas estaban concentradas contra tribos de Iliria.[3]

A primeira tribo balcánica en ser derrotada polos celtas foi a tribo Autariatae, que durante o século -IV gozaran dunha hexemonía sobre gran parte dos Balcáns centrais, centrados no val do río Morava.[2] Unha parte das tácticas celtas foi revelada nos seus ataques contra a Ardiaei.

No -335, os celtas enviaron representantes para render homenaxe a Alexandre o Grande, mentres os macedonios estaban metidos nunha guerra contra os tracios na fronteira norte. Algúns historiadores suxiren que este acto diplomático foi en realidade unha avaliación do poder militar macedonio.[4] Despois da morte de Alexandre, os exércitos celtas comezaron a invadir as rexións do sur, ameazando o reino grego de Macedonia e o resto de Grecia. No -310, o xeneral celta Molistomos atacou fondamente o territorio ilirio, sometendo ós dardanios, ós peonios e ós tribalios. O novo rei macedonio Casandro sentiuse obrigado a tomar ós seus vellos inimigos ilirios baixo a súa protección.[4] No -298, os celtas intentaron un ataque contra Tracia e Macedonia, onde sufriron unha dura derrota preto de Haemus Mons a mans de Casandro. Con todo, outro grupo de celtas liderado polo xeneral Cambaules marcharon sobre a Tracia, ocupando grandes áreas.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 O'Hogain (2007)
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Moczy (1974)
  3. Stipcevic (1997), p. 44
  4. 4,0 4,1 Stipcevic (1997)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Mócsy, András (1974). Pannonia and Upper Moesia: A History of the Middle Danube Provinces of the Roman Empire. Serie: History of the provinces of the Roman Empire, vol. 4 (en inglés). Londres: Routledge & K. Paul. ISBN 9780710077141. 
  • O'Hogain, Dáithí (2007). The Celts (en inglés). Londres: Boydell Press. ISBN 9780851159232. 
  • Stipcevic, Aleksandar (1977). The Illyrians: History and Culture (en inglés). Nova York: Noyes Press. ISBN 9780815550525. 

Outros artigos editar