Interkosmos 8 (Интеркосмос 8 en ruso), tamén denominado DS-U1-IK Nº 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 30 de novembro de 1972 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][5][7]

Interkosmos 8
TipoCientífico
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento30 de novembro de 1972, 21:49 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorKosmos 2I[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2]
Obxectivo da misiónEstudo da ionosfera terrestre a altas latitudes.[2]
Decaemento2 de marzo de 1973[1]
NSSDC ID1972-094A
Masa340 kg[6]

Características editar

Interkosmos 8 foi o segundo e último membro da serie de satélites DS-U1-IK e estaba adicado ó estudo da ionosfera terrestre, á medición da concentración de electróns e ións positivos na mesma, a medi-la temperatura de electróns no espazo entre o satélite e a superficie terrestre e medi-los fluxos de electróns con enerxías maiores de 40 keV e dos protóns a enerxías maiores de 1 MeV.[2][3][6]

Interkosmos 8 estaba enmarcado dentro do programa de colaboración internacional Interkosmos entre a Unión Soviética e outros países e deseñouse como unha continuación da misión de Interkosmos 2. Foi inxectado nunha órbita inicial de 679 km de apoxeo e 214 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 71 graos e un período de 93,1 minutos. Reentrou na atmosfera o 2 de marzo de 1973.[1][3][6]

Instrumentación editar

Bulgaria proporcionou unha trampa de ións, e Checoslovaquia e a República Democrática Alemá contribuíron con diversos instrumentos, aínda que a maior parte do equipo de a bordo era soviético.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "Intercosmos 8" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "Intercosmos 8" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 24 de agosto de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 15 March 1973 from the First Deputy Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (73-05205). 19 de marzo de 1973: 3. http://www.unoosa.org/oosa/osoindex/data/documents/ru/a/aac.105inf.268.html. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Interkosmos 8" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 24 de agosto de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (31 de marzo de 2012). Gunter's Space Page, ed. "Interkosmos 2, 8 (DS-U1-IK)" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "DS-U1-IK" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2012. 
  7. "INTERCOSMOS 8 LAUNCHED" (PDF). 14 de decembro de 1972: 883. FLIGHT International. Consultado o 24 de agosto de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar