A interferometría é unha póla da óptica que aproveita o carácter ondulatorio das ondas electromagnéticas para, combinando dúas ondas e observando o seu patrón de interferencia realizar medidas de moi diverso tipo. Esta van desde a obtención de imaxes melloradas (con maior aumento), ata medidas de temperaturas, distancias, presión, detección de ondas acústicas etc.

Interferómetro de Michelson

Na astronomía (tal como se fai cos telescopios de Keck), emprégase unha téncica interferométrica para combinar os sinais procedentes de dous ou máis telescopios e acadar unha mellor resolución nas medidas realizadas que a que pode obter un telescopio individual.

Esta técnica é a base para os conxuntos (arrays) de radiotelescopios, que espallados sobre superficies de centos de km cadrados poden producir entre todos unha imaxe equivalente á dun telescopio que tivese un diámetro semellante ao da área na que se distribúen.

Emprégase tamén para medir desprazamentos da orde de e distancias inferiores á longura de onda da luz empregada. Un exemplo histórico sonbranceiro do seu uso atópase no interferómetro de Michelson, que permitiu afirmar que a luz na terra posúe a mesma velocidade independentemente da dirección de propagación, coa conseguinte desautorización da teoría do éter; e fornecendo unha proba clave para a invarianza da velocidade da luz, pedra angular da teoría da relatividade.

Artigos relacionados editar

Ligazóns externas editar