Instituto de Estudos Chairegos

entidade cultural da Terra Chá

O Instituto de Estudos Chairegos, tamén coñecido como IESCHA, é unha organización chairega fundada a mediados do ano 2000 que ten como obxectivos a investigación, o estudo, a conservación, a defensa e máis a difusión da cultura galega, poñendo especial atención a todo canto teña que ver coa lingua, a historia e as tradicións de Galiza, e facendo así mesmo fincapé naquilo relacionado coa Terra Chá.

Instituto de Estudos Chairegos
Tipoasociación cultural
Data de fundación2000
SedeTerra Chá
PaísGalicia
Na rede
https://www.estudoschairegos.gal
Facebook: Instituto-de-Estudos-Chairegos-Iesch--148923601806496 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Téimase nunha ampla concepción cultural que conxugue investigación científica actual e respecto polas tradicións, formulando un proxecto sociocultural que busca revalorizar o papel da nosa bisbarra no conxunto da cultura galega.
IESCHA

O presidente da Xunta Xestora que creou o IESCHA foi Manuel Roca Cendán; os presidentes foron, por orde cronolóxica: Xosé M. Felpeto Enríquez, José Luís Novo Cazón, Manuel Castro Santamariña e Marisa Barreiro Mejuto -que é a actual presidenta-.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar