Instituto Juan de Mariana

O Instituto Juan de Mariana (IJM) é un think tank de orientación liberal con sede en Madrid, España que foi fundado no ano 2005. Os seus obxectivos son, de acordo cos seus estatutos, "dar a coñecer ao gran público español, europeo e latinoamericano, os beneficios que para os intereses xerais proporcionan a propiedade privada, a libre iniciativa empresarial e a limitación do ámbito de actuación dos poderes públicos".[1]

Instituto Juan de Mariana
Logo
AcrónimoIJM
Tipolaboratorio de ideas
IdeoloxíaEscola Austríaca de Economía
Campo de traballoPolítica económica
Data de fundación2005
Presidente/aGabriel Calzada (en) Traducir (-) Editar o valor em Wikidata
Director/aJuan Ramón Rallo
EnMadrid
PaísEspaña
Na rede
https://www.juandemariana.org/
Facebook: juan.de.mariana Twitter: juandemariana Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

O instituto tomou o seu nome do representante tardío da Escola de Salamanca, Juan de Mariana. A organización patrocina o Mestrado de Economía da Escola austríaca na Facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais da Universidade Rei Xoán Carlos de Madrid.

Entre os seus membros fundadores atópase o seu actual presidente, Gabriel Calzada, reitor da Universidade das Hespérides e ex-reitor da Universidade Francisco Marroquín, Juan Ramón Rallo, Raquel Merino, Daniel Rodríguez Herrera, José Carlos Rodríguez ou Gonzalo Melián.

O Instituto Juan de Mariana afirma non aceptar subvencións nin calquera outro tipo de subsidios públicos a fin de manter a súa independencia do poder político.[1] Finánciase por medio de doazóns privadas, ben sexa dos seus socios, membros ou de benefactores coma empresas ou outros think tanks.

Actividades editar

O instituto organiza con regularidade conferencias, seminarios e cursos durante o ano lectivo. Unha das súas actividades estrela é a semana da liberdade, que comprende o Congreso de Economía Austriaca, a feira do libro liberal Liberacción e a Cea da Liberdade.

Tamén organiza a universidade de verano, que se ten celebrado en Aranjuez, Lanzarote e en San Lorenzo de El Escorial.

Dende o ano 2007 entregase o Premio Juan de Mariana a personalidades destacadas na defensa e promoción de valores relacionados co pensamento liberal e a liberdade individual. En 2024, o gañador do premio foi o Presidente da República Arxentina Javier Milei. [2]

Premios editar

No 2008, o Instituto recibiu o premio Templeton Freedom Award.

En 2009 foi galardoado co Fisher Venture Grant outorgado polo Instituto Hayek".[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Instituto Juan de Mariana: Misión y objetivos". web.archive.org. 2010-01-17. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 2024-04-04. 
  2. juandemariana (2024-02-17). "Javier Gerardo Milei, Premio Instituto Juan de Mariana 2024". Instituto Juan de Mariana (en castelán). Consultado o 2024-04-04. 
  3. "Recipients of 2009 Fisher Venture Grants". web.archive.org. 2009-12-25. Archived from the original on 25 de decembro de 2009. Consultado o 2024-04-04.