Inocencio VI, papa

Inocencio VI, nado en Les Monts cara a 1282 ou 1295 e finado en Avignon o 12 de setembro de 1362, foi o Papa nº 199 da Igrexa católica.

Infotaula de personaInocencio VI, papa

(década de 1300) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Innocentius PP. VI Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1282 Editar o valor em Wikidata
Beyssac (Reino de Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte12 de setembro de 1362 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Aviñón (Estados Pontificios) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteIctus Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacharterhouse Notre-Dame du Val de Bénédiction (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
199º Papa
26 de decembro de 1352 – 12 de setembro de 1362 (Gregoriano)
← Clemente VIUrbano V →
Cardinal-bishop of Ostia (en) Traducir list of bishops of Ostia (en) Traducir
1352 (Gregoriano) –
← Bertrand du Pouget (pt) TraducirPierre Bertrand de Colombier (pt) Traducir →
Roman Catholic Bishop of Clermont (en) Traducir
outubro de 1340 –
← Raymond de Montaigu (en) TraducirPierre d'Aigrefeuille (en) Traducir →
Diocese: Diocese of Clermont (en) Traducir
Roman Catholic Bishop of Noyon (en) Traducir
23 de xaneiro de 1338 –
← Guillaume Bertrand (en) TraducirPierre d'André (pt) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónprofesor universitario , sacerdote católico , bispo católico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Toulouse (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónBieito XII Editar o valor em Wikidata
Participou en
16 de decembro de 1352Conclave de 1352 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaAubert (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiAdhémar Aubert (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Discogs: 4015536 WikiTree: Aubert-283 Find a Grave: 6926287 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

De nome Étienne Aubert, naceu na aldea de Les Monts, diocese de Limoges (hoxe parte da comunidade de Beyssac, departamento de Corrèze). Despois de exercer como profesor de dereito civil en Tolosa foi nomeado bispo de Noyon e posteriormente de Clermont, dignidade que ocupou ata ser nomeado cardeal bispo de Ostia en 1342.

Foi elixido Papa o 18 de decembro de 1352, tras pactar cos cardeais electores sobre a liña política que ía seguir o seu pontificado. Ó serlle imposta a tiara papal declarou nulo o acordo, alegando a súa ilegalidade por limitar o poder divino do Papa.

Durante o seu pontificado abordou con forza a reforma da administración eclesiástica, para o que prohibiu a acumulación de cargos e beneficios, obrigando ós bispos a residir nas súas respectivas dioceses. Loitou contra a corrupción e reduciu a ostentación e o luxo no que vivía a sé pontificia.

En 1354 enviou a Roma ó cardeal Gil Álvarez de Albornoz, xunto a Cola di Rienzo, para acabaren coas revoltas en que vivía inmersa a cidade. Unha vez restablecida a orde, Inocencio confioulle o goberno dos Estados Pontificios.

Na orde política, en 1360 logrou que Francia e Inglaterra, que se enfrontaban na Guerra dos Cen Anos desde 1337, firmasen a Paz de Bretigny. Consecuencia inmediata do período de paz que seguiu a este acordo foi que as tropas mercenarias de cada bando, ó seren licenciadas, se dedicaron á pillaxe, polo que Inocencio tomou a decisión de fortificar a sé pontificia de Avignon.

As profecías de San Malaquías refírense a este papa como De montibus Pammachii (Do monte Pammacos), facendo referencia a que no seu escudo de armas figuran seis montañas.


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.