Ingwær (tamén escrito Ingvar, Ivar, ou Ivarr), finado o 5 de agosto de 910, foi un rei que gobernaba no século décimo a Northumbria conquistada polos viquingos, chamada por eles Jórvik. Na Crónica de Æthelweard, o seu nome aparece xunto cos reis Eowils e Halfdan que morreron na batalla de Tettenhal, pero a Crónica anglosaxoa non o menciona.

Infotaula de personaIngwaer
Nome orixinal(non) Ívarr Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte5 de agosto de 910 Editar o valor em Wikidata
Tettenhall (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguerreiro Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaUí Ímair (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Despois da vitoria viquinga na batalla do Holme no 902, e a derrota de Æthelwold, tres irmáns chamados Eowils, Halfdan e Ingwaer reclamaron o trono de Jórvik e parece que conseguiron gobernar xuntos. A poboación do Danelaw foi aumentado coa chegada no 902 dos viquingos da comunidade de Dublín, de onde foran expulsados[1]. Durante a primeira década do século décimo, os viquingos de Northumbria e os viquingos de Anglia Oriental realizaron incursións en territorio dos anglosaxóns para poñer a proba as forzas de Eduardo o novo rei de Wessex. O 910 os tres reis estaban preparando un exército para atacar Wessex, pero foron derrotados e, aínda que fuxiron, os soldados de Edward os habían perseguir ata lles dar captura en Tettenhall e acabar con eles o día 5 de agosto. Os tres reis morreron alí[2][3].

Identificación editar

A identidade destes tres reis é tema de debate. Non se atoparon moedas que poderían datar os seus reinados. Tampouco no sabe con seguridade se  gobernaron xuntos, ou se se repartiran as diferentes rexións do reino. Tamén podería ser que as fontes documentais da época, que lles dan o título de rei, estivesen equivocadas, e só fosen comandantes do exército[4][3]. Ingwær é coñecido porque é mencionado na Crónica de Æthelweard, que parece ser unha versión en latín da Crónica anglosaxoa, ou, polo menos, describe os mesmo feitos, pero en ningún dos manuscritos da Crónica anglosaxoa consta o seu nome, aínda que neles si que aparecen os dos seus compañeiros Eowils e Halfdan[5]. Estes nomes poderían ser o mesmo Ímar (Ivar), Auisle (Eowils) e Halfdan Ragnarsson, tres viquingos que estaban activos nas illas británicas durante o século IX que eran irmáns; se iso fose verdade pertencerían á liñaxe dos Uí Ímair[6]. Segundo o historiador Clare Downham, a coincidencia é moi rechamante como para non a ter en conta[5].

Notas editar

  1. Hughes 2007, p. 280.
  2. Logan 2005, p. 42–44.
  3. 3,0 3,1 Higham & Hill 2013, p. 190.
  4. Rollason 2003, p. 217.
  5. 5,0 5,1 Downham 2007, p. 79–80.
  6. Dumville 2004, p. 88–89.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar