Influencia da nasal trabante

A influencia da nasal trabante é un fenómeno fonético propio da lingua galega, que consiste en que unha consoante nasal trabando a sílaba pode alterar o timbre de /'ɛ/ e /'ɔ/ tónicos, pechándoos un grao:

  • latín DĕNTE > dente ['dɛnte] > ['dente]
  • latín PŏNTE > ponte ['pɔnte] > ['ponte]

Este fenómeno dáse nos substantivos e nalgúns adxectivos. Non afecta aos adverbios, pronomes ou verbos:

  • ben ['bɛn]
  • cen ['θɛn]

Prodúcese en palabras patrimoniais, xa que os cultismos manteñen a tendencia a realizaren o timbre aberto da vogal tónica

  • ciencia ['θjɛnθja]
  • frecuencia [fre'kwɛnθja]

Ao igual que a metafonía, é un fenómeno propio da parte occidental de Galiza, aínda que a súa distribución xeográfica depende da vogal afectada. Así, o ['ɔ] etimolóxico só se conserva no galego de Asturias e falares próximos de Lugo, mentres que o ['ɛ] consérvase en todo o galego exterior e en parte das provincias de Lugo e Ourense.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar