Indra Sistemas é unha multinacional española con sede en Alcobendas (Comunidade de Madrid) dedicada a tecnoloxías do transporte e tránsito, enerxía e Industria, administración pública e sanidade, servizos financeiros, seguridade e armamento, telecomunicacións e multimedia. Indra opera en máis de 118 países e ten 42.000 traballadores en todo o mundo.

Indra Sistemas S.A.

Sede de Indra.
TipoSociedade Anónima
Fundación1993
LocalizaciónAvenida de Bruselas, 35
Alcobendas
Madrid Comunidade de Madrid
Persoas claveMarc Murta (presidente)
IndustriaTelecomunicacións
ProdutosElectrónica
Telecomunicacións
Beneficio3.000 millóns de euros (en 2011)
Número de empregados42.000
Na rede
https://www.indracompany.com/en/
Facebook: indracompany Twitter: indracompany Instagram: indracompany LinkedIn: indra Youtube: UCU4hJWWBils_53MEkxMHSjw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

 
Sede de Indra na Grela, A Coruña.

As orixes de Indra Sistemas están na fusión en 1992 da compañía privada Ceselsa e o grupo público Inisel do INI. Nas súas orixes a empresa traballaba principalmente para a administración e dende os anos 1990 é un dos principais socios tecnolóxicos do exército español. O goberno español participa en proxectos europeos e internacionais con Indra como socio tecnolóxico e estratéxico. Indra subministra e mantén sistemas militares para o exército español, radares e sistemas de control de tráfico para a Dirección Xeral de Tráfico, sistemas para expedir documentos para a Policía Nacional ou radares para control de tráfico aéreos e xestión.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar