Indira Bajramović


Indira Bajramović é unha activista xitana que vive en Bosnia e Hercegovina e é directora da Association of Roma Women from Tuzla. Traballou para proporcionar axuda e socorro ás aldeas rurais romanís, e tamén abogou pola igualdade de oportunidades para as persoas romanís en Bosnia e Hercegovina durante as últimas dúas décadas. Especificamente, Bajramović centrouse en chamar a atención sobre as dificultades ás que se enfrontan as mulleres romanís desempregadas e as vítimas de abuso ou violencia doméstica.[1]

Infotaula de personaIndira Bajramović
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Jajce (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBosnia e Hercegovina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista , activista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A asociación de Bajramović céntrase en proporcionar alimentos e produtos de hixiene, así como material escolar para os nenos pequenos das comunidades romanís. Ademais, a asociación traballa para proporcionar exames médicos privados para mulleres empobrecidas, especificamente para detectar o cancro de mama.[2]

Durante a pandemia de COVID-19 no verán de 2020, Bajramović e a súa fundación asociáronse coa Bosnia and Herzegovina Women's Roma Network, a Fundación Comunitaria Tuzla, e o Foro de Solidariedade Internacional Emmaus para proporcionar axuda e subministracións alimentarias ás comunidades romanís locais ao redor de Kiseljak. Axudou a coordinar a distribución de varios centos de comidas ó día por parte de voluntarios, así como varios proxectos de construción, incluíndo un campo de fútbol e a reconstrución dunha canle avariada.[1]

Alén de proporcionar axuda ás comunidades romanís durante a pandemia, Bajramović tamén documentou as desvantaxes presentes nas áreas rurais que se viron agravadas pola pandemia. Sinalou a menor proporción de estudantes das comunidades romanís que participan en clases en liña, o aumento das taxas de violencia doméstica, e a discriminación na atención médica. Destacou especificamente a falta de dispoñibilidade de probas da COVID-19 nestas comunidades rurais.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Indira Bajramović: "We were the first to enter Roma communities and deliver packages that we personally prepared"". UNWOMEN: Europe and Central Asia (Nacións Unidas). 16 de xullo de 2020. Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Editorial Office (16 de abril de 2019). "Indira Bajramović: Romkinja koja pomjera granice" [Indira Bajramović: A Roma woman who pushes boundaries]. Azra (en bosníaco). Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 M. R. S. (28 de outubro de 2020). "Poražavajući podaci o životu Roma tokom pandemije: Plakali smo kad smo ih obišli" [Devastating data on Roma life during the pandemic: We cried when we visited them]. Radio Sarajevo (en croata). Consultado o 8 de marzo de 2021.