Orixe (filme)

Filme de 2010 dirixido por Christopher Nolan
(Redirección desde «Inception»)

Orixe (en inglés: Inception) é un filme de ficción científica, escrito, co-producido e dirixido por Christopher Nolan. Nos Estados Unidos foi estreado o 16 de xullo de 2010. Está protagonizado por Leonardo DiCaprio, Ken Watanabe, Joseph Gordon-Levitt, Marion Cotillard, Ellen Page, Tom Hardy, Dileep Rao, Cillian Murphy, Tom Berenger e Michael Caine. DiCaprio interpreta Dom Cobb, un ladrón especializado na espionaxe corporativa que se infiltra no subconsciente dos seus obxectivos. Ofréceselle a oportunidade de recuperar a súa vella vida en troques de conseguir facer algo que se considera imposible: a "incepción", é dicir a implantación da idea doutra persoa no subconsciente do suxeito obxectivo.[2]

Orixe
Ficha técnica
Título orixinalInception
DirectorChristopher Nolan
ProdutorChristopher Nolan
Emma Thomas
GuiónChristopher Nolan
IntérpretesLeonardo DiCaprio
Ken Watanabe
Joseph Gordon-Levitt
Marion Cotillard
Ellen Page
Tom Hardy
Cillian Murphy
Tom Berenger
Michael Caine
Dileep Rao
Lukas Haas
Pete Postlethwaite
Talulah Riley
Miranda Nolan
MúsicaHans Zimmer
FotografíaWally Pfister
MontaxeLee Smith
EstudioLegendary Pictures
Syncopy Films
DistribuidoraWarner Bros.
EstreaOdeon: 8 de xullo de 2010
e 16 de xullo de 2010
Galicia 30 de decembro de 2015 (TVG)
Duración148 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
XéneroFicción científica, Drama
Orzamento$160 000 000[1]
Recadación$825 500 000
Na rede
https://www.warnerbros.com/movies/inception
IMDB: tt1375666 Filmaffinity: 971380 Allocine: 143692 Rottentomatoes: m/inception Mojo: inception Allmovie: v480818 TCM: 774971 Metacritic: movie/inception TV.com: movies/inception Netlix: 70131314Editar o valor em Wikidata

Estrearase en galego na TVG o 30 de decembro de 2015.[3]

Sinopse editar

Dom Cobb (Leonardo DiCaprio) é un experto na arte de apropiarse, durante o soño, dos segredos do subconsciente das persoas. Esta inusitada habilidade de Cobb converteuno nun home moi cotizado no mundo da espionaxe, pero tamén o obrigou a ser un fuxitivo e, por conseguinte, a renunciar a levar unha vida normal e estar coa súa familia. A única oportunidade de recuperar a súa vida será facer exactamente o contrario do que fixo sempre: a incepción, que consiste en implantar unha idea no subconsciente no canto de subtraela. Non obstante, o seu plan complícase debido á intervención de alguén que parece predicir cada un dos seus movementos, e a quen soamente Cobb poderá descubrir.

Personaxes editar

 
O elenco na estrea do filme en xullo de 2010. De esquerda a dereita: Cillian Murphy, Marion Cotillard, Joseph Gordon-Levitt, Ellen Page, Ken Watanabe, Michael Caine, e Leonardo DiCaprio.

Galardóns e nomeamentos editar

  • 2010: Oscar: 8 Nomeamentos, incluíndo película, guión orixinal e BSO.
  • 2010: Globos de Ouro: 4 Nomeamentos: mellor película drama, director, guión, BSO.
  • 2010: BAFTA: 9 Nomeamentos, incluíndo mellor película.
  • 2010: Satellite Awards: Mellor fotografía, dirección artística, BSO. 11 Nomeamentos.

Notas editar

  1. BoxOfficeMojo
  2. Eisenberg, Mike (May 5, 2010). "Updated 'Inception' Synopsis Reveals More". Screen Rant. Consultado o July 18, 2010. One last job could give him his life back but only if he can accomplish the impossible—inception. 
  3. "Orixe na TVG". Faro de Vigo. 29 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar