Este artigo trata sobre a substancia recendente, para a especie botánica "Myrocarpus frondosus" véxase o artigo: cabreúva.

Botafumeiro da Catedral de Santiago.

O incenso (do latín: incendere, "queimar") é unha especie de goma extraída de certas árbores que, ao arder, desprende un cheiro agradábel e se emprega normalmente en cerimonias relixiosas[1]

A nivel sanitario o incenso ou incensum é unha gomorresina recendente que se extrae de varias árbores da familia das burseráceas e forma parte da composición dalgúns emplastos, antídotos e bálsamos[2].

O incenso refírese á substancia en si, mais do que o cheiro que ela produce. Úsase en cerimonias relixiosas, rituais de purificación, aromaterapias, meditación, e para enmascarar un mao cheiro. O incenso está composto por materiais aromáticos chamados bióticos (orixinado por seres vivos - neste caso, plantas aromáticas) moitas veces combinados con óleos esenciais, que liberan unha fumaza perfumada cando son queimados. As formas do incenso teñen mudado cos avances da tecnoloxía, as diferenzas de cultura subxacente, e coa diversidade nas racións para queimalo. Os dous principais tipos xeralmente poden ser divididos en "queima indirecta" e "queima directa". O incenso de queima indirecta, tamén chamado de "incenso non-combustíbel", require unha fonte separada de calor, unha vez que non é capaz de queimarse. O incenso de queima directa, tamén chamado de "incenso combustíbel", é aceso directamente por unha lapa e deposto se espalla, a brasa do incenso irá ardendo e liberando a fragrancia. Exemplos de incenso de queima directa son as varas de incenso, conos ou pirámides usados nos fogares.

Seminarista con turíbulo.

Historia editar

 
Incensos no mosteiro de Po Lin, en Hong Kong, China.

Orixe editar

O uso do incenso orixinouse no Antigo Exipto, onde as resinas de goma e resinas oleosas de árbores aromáticas foron importadas das costas da Arabia e Somalia para seren usadas en cerimonias relixiosas.

Asia editar

O incenso foi usado por culturas chinesas desde os tempos neolíticos e o seu uso tornouse máis difundido durante as dinastías Xia, Shang e Zhou. O primeiro exemplo documentado formal de utilización de incensos vén de cando se usaba o incenso composto de herbas e produtos vexetais (como Cassia, Styrax, canela, sándalo, entre outros) como un compoñente de ritos cerimoniais. Eventualmente, os hindús adoptan o uso do incenso, adaptando a formulación para abranguer raíces aromáticas e outros compoñentes da flora indiana. Esta é a principal razón pola que os incensos indianos sexan considerados máis perfumados ca os chineses.

Igrexa Católica editar

 
Incenso.

Nos rituais da Igrexa Católica, é empregado en misas solemnes téndose en mente que é unha homenaxe a Deus, cando o crego, que representa Cristo, e os fieis son incensados. A idea é que suba a Deus un aroma agradábel de loanza. O uso do incenso é un símbolo de oración. O ritual mosaico empregaba o incenso en moitos sacrificios, só ou con outros perfumes; había tamén o altar dos perfumes no que se queimaba incenso de mañá e de tarde. Os cristiáns adoptaron cedo o uso do incenso. En Xerusalén, no século IV, xa se empregaba en todos os grandes Oficios.

O recipiente no que se queima o incenso é chamado incensario ou turíbulo. En Galiza recibe tamén a denominación popular de botafumeiro, sendo de gran sona o botafumeiro da Catedral de Santiago de Compostela.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para incenso.
  2. Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Coelho, Dom António (O.S.B.). Curso de Liturgia Romana. Tomo II

Outros artigos editar