Incendio de Fandicosta

Coordenadas: 42°17′26″N 8°40′07″O / 42.290456151365, -8.6686378864946

O incendio de Fandicosta tivo lugar o 9 de maio de 2016 na parroquia de Domaio (Moaña), nas instalacións da factoría pesqueira da empresa Fandicosta. O lume iniciouse pouco antes das 17:50 h, cando se produciu o aviso ao servizo de emerxencias 112.[2] No momento do incendio, atopábanse na fábrica 120 persoas, que foron desaloxadas ilesas. Ás 12 da noite, os bombeiros deron por controlado o incendio.[2]

Incendio de Fandicosta
Data9 de maio de 2016
Lugar:Domaio (Moaña) Galicia Galicia
CausaCurtocircuíto[1]
Vítimas0
Ver: Fandicosta

Repercusións editar

 

O fume desprendido polo incendio obrigou a pechar ao tráfico a autoestrada AP-9, e numerosos vehículos ficaron atrapados na ponte de Rande. Os gases resultantes da combustión, de gran toxicidade, chegaron até o concello veciño de Redondela, no que o servizo de Protección Civil aconsellou manterse nos domicilios e pechar as fiestras.

O presidente da empresa, Ángel Martínez, cuantificou as perdas como millonarias. As lapas calcinaron aproximadamente o 50 % das instalacións, queimando unha planta de elaboración, a zona de oficinas e tres plantas frigoríficas.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar